Lugar | lugar de Tarrío, |
Parroquia | San Xián de Laíño) |
Construción | pazo do século XVI (1567) |
Descrición
Construído por Antonio Ballesteros del Mazo, quen fundou vínculo e morgado con bens que posuía en Santiago e en San Xián de Laíño. A finais do século XIX os Ballesteros, tras longos e custosos litixios coa Igrexa pola titularidade do vínculo e morgado, perden a súa capacidade económica e con ela a posesión do Pazo. Posteriormente pasou á mans dos Romay, nome polo que aínda se lle coñece. No século pasado estaba en estado ruinoso, estando na actualidade totalmente reformado.
Ten planta en L e no seu vértice se eleva unha torre de planta cadrada, ó sur da cal se atopa adosada unha pequena capela de planta rectangular. A fachada principal posúe unha escaleira de tramo recto, con arranque nunha pilastra que serve de acceso á planta nobre e que desemboca nun patín en cantería e solado en pedra. A ambos lados das fiestras son visíbeis os parladoiros. Ten un fermoso escudo cuadrilongo de bela labra, cos emblemas, entre outros, dos Ballesteros e coroado cun xelmo que mira á dereita, indicando a categoría de fidalgo