Horreo de A devesa
Estado de conservación: bo, aínda que sería preciso limpar a pedra e cambiar algunha madeira. O ciclón Hortensia tirou a cruz, que foi de novo colocada.
Propiedade: privada, de Consuelo Rey.
Historia:
segundo a ficha de Patrimonio, é de 1931, data que parece se ve no frontispicio. Sen embargos, na nosa visita a data non era visible, e segundo nos informou a propietaria, este hórreo tería máis de cen anos, xa que a súa nai, que morreu hai bastantes anos con 104, xa non lle acordada de facelo.
Horreo de A devesa
Estado de conservación: malo, coa substitución da madeira por ladrillo, introducindo tamén este material nos gabinetes e o cemento no encintado das cepas.
Propiedade: privada, de Francisco Bustelo Veigón.
Historia:
no frontispicio Norte, aínda que bastante gastado, pódese intuír a data 1911, que é a que recolle a ficha de Patrimonio. Orixinalmente este hórreo atopábase na costa, sendo trasladado ó lugar actual cando se fixo a actual pista asfaltada.
Horreo de A devesa
Estado de conservación: malo, coa substitución da madeira por ladrillo, introducindo tamén este material nos gabinetes e o cemento no encintado das cepas.
Propiedade: privada, de Rosa Baleirón Tobío.
Historia:
segundo a ficha de Patrimonio, dataría de principios do século XX, probablemente de antes de 1920. Sen embargo, o xenro da actual propietaria díxonos que este hórreo ten máis de cen anos. A cruz que ten actualmente non é a orixinal, a cambiaron.