Hórreo de Tarrío
Estado de conservación: moi bo, foi restaurado polos propietarios hai uns dez anos, cambiando a madeira, a cubrición e a cruz, que foi derrubada no ciclón sufrido nos anos trinta.
Propiedade: privada, de Nieves Baleirón Calvo.
Historia:
di a propietaria que tería máis de cen anos, aínda que non pode precisar a súa antigüidade.
Hórreo de Tarrío
Estado de conservación: malo, non conservando as madeiras dos claros, sendo substituídas por ladrillo, e introducindo outros materiais de construción modernos como o cemento ou a tella plana.
Propiedade: privada, de María Teresa Somoza González.
Historia:
di a propietaria que non sabe concretar a antigüidade, pero que tería máis de cen anos. Pola súa factura parece, efectivamente, ter certa antigüidade.
Hórreo de Tarrío
Estado de conservación: moi malo, totalmente abandonado. A madeira está en moi mal estado, así como a cubrición. O entorno adoece tamén dun gran abandono. Se recomenda a súa restauración.
Propiedade: privada, de dous propietarios: o claro do medio é de Francisco Rodríguez Ferreirós e os dous claros dos extremos de Manuel Ferro.
Historia:
un veciño de 82 anos díxonos que o recorda ahí toda a vida, pero que non sabía precisar a súa cronoloxía. Probablemente ten máis de 100 anos. Nesta Eira quedan restos doutro hórreo, de maior tamaño, que tan só conserva en pé a repisa, de perpiaño, sendo visibles os pés tirados encima dela. Pertence ós herdeiros de Manuel Abuín Morales.
Hórreo de Tarrío
Estado de conservación: malo, coa madeira en mal estado, emprego de cemento para reforzar a estrutura, e sendo preciso limpar a vexetación que o cobre parcialmente. Se recomenda restauración.
Propiedade: privada, de Manuel Ferro.
Historia:
di unha das propietarias que debe ser antigo, aínda que non pode precisar a súa cronoloxía. Probablemente teña máis de cen anos. Nesta Eira, ó Leste, quedan restos doutro hórreo, permanecendo en pé tan só os pés e os tornarratos transversais, atopándose cuberto de vexetación. Pertence ós herdeiros de Manuel Abuín Morales.
Hórreo de Tarrío
Estado de conservación: malo, en estado de abandono. A madeira atópanse en mal estado. A repisa está cuberta de vexetación e a pedra manchada con musgos e líquenes. Fáltalle a cruz. Recoméndase restauración.
Propiedade: privada, de Josefa Gómez.
Historia:
unha veciña consultada non nos soubo concretar a antigüidade deste hórreo, pero lle acorda alí toda a vida. Por tipoloxía debe ter máis de cen anos.
Hórreo de Tarrío
Estado de conservación: malo, en estado de abandono. Tanto a madeira como a cubrición están en mal estado. Parcialmente cuberto de vexetación. Recoméndase a súa restauración.
Propiedade: privada, de Eugenio Trillo (parece que non todo, parte sería dalgún familiar).
Historia:
unha veciña díxonos que debía ser antigo, de máis de cen anos.
Hórreo de Tarrío
Estado de conservación: moi malo, en absoluto estado ruinoso e de abandono. Apenas conserva a madeira, e a que ten está en moi malas condicións. O mesmo ocorre coa cubrición. Aconséllase a súa restauración.
Propiedade: privada, de tres propietarios: o claro do Sur é de Adelina Reboiras Rodríguez; o claro do medio é de Manuel Otero Rodríguez (casa nº 80) e o claro do Norte de Agustina Romero Abuín.
Historia:
os veciños consultados aseguraron que era moi antigo, máis de cen anos, incluso fálase de douscentos. Por factura tamén parece ter bastante antigüidade.
Hórreo de Tarrío
Estado de conservación: moi malo, en absoluto estado ruinoso e de abandono. Tanto a madeira como a cubrición atópanse en moi mal estado. Aconséllase a súa restauración.
Propiedade: privada, pero de propietario descoñecido, xa que pertence á casa que queda ó Oeste da casa nº 80, sería a casa nº 79, pero non se repartiron as propiedades dende hai moitos anos, non sabendo a quen pertence. Parte parece que sería da casa nº 73, da familia coñecida como dos de Coviñas.
Historia:
os veciños consultados aseguraron que era moi antigo, máis de cen anos. Por factura tamén parece ter bastante antigüidade.
Hórreo de Tarrío
Estado de conservación: malo, a repisa foi feita de novo, de cemento, a madeira empeza a estar gastada e a cubrición tamén foi renovada, cambiada por uralita.
Propiedade: privada, de Severo Rial Lourenzo.
Historia:
a cuñada do propietario díxonos que debe ser antigo, aínda que foi cambiado de sitio, uns cen metros, xa que antes estaba diante da casa á que pertencía. Aínda se emprega para gardar o millo.
Hórreo de Tarrío
Estado de conservación: moi malo, coa madeira e a cubrición en bastante mal estado e cuberto de vexetación, nun absoluto estado de abandono. Recoméndase a súa restauración.
Propiedade: privada, de dous propietarios: o claro do Norte é de Marina Muñiz González e o seu marido Manuel Romero, e os outros dous claros son dos irmáns Santiso Castaño (familia dos Brañeiro).
Historia:
di unha das súas propietarias que ten que ser moi antigo, que tería bastante máis de cen anos, se callar case douscentos.
Hórreo de Tarrío
Estado de conservación: moi malo, coa madeira e a cubrición en moi mal estado, faltándolle a porta frontal e sendo visible unha parede interior de ladrillo separando o claro do Norte do resto. Recoméndase encarecidamente a súa restauración.
Propiedade: privada, de Rosa Queiruga Ferro.
Historia:
di a filla da propietaria que debe ser moi antigo, cerca de douscentos anos, xa que o seu avó xa o herdou da súa nai. A propietaria, que actualmente ten cen anos, lémbrase cando, sendo moi pequena, os canteiros foron coller pedra ó monte de Bexo para facer a actual plataforma que da acceso ó hórreo polo lateral Leste. Os claros chegaron a estar repartidos entre 14 persoas, todas familiares.