Horreo de Teaio
Estado de conservación: Sería necesaria a limpeza da pedra.
Propiedade: comunitaria.
Historia:
segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, tería máis de 100 anos. Este cruceiro localizábase orixinalmente no extremo occidental da aldea, na zona coñecida como Nava Estado de conservación.- malo, substituíndo a madeira por ladrillo e introducindo tamén ladrillo e cemento nos gabinetes. A cubrición tampouco se atopa en bó estado, atopándose cuberta de musgo, así como a pedra.
Horreo de Teaio
Estado de conservación: malo, substituíndo a madeira por ladrillo e a tella do país por uralita. Tamén introduce ladrillo e cemento nos gabinetes, e non conserva completos os remates da fronte Norte. A pedra está cuberta en parte por fungos e líquenes.
Propiedade: privada, dos herdeiros de Carmen Rial Castro (“A Cachota”).
Historia:
de principios do século XX, sendo visible no pinche do hórreo unha data, aínda que algo gastada, léndose 1917 ou 1919, ou incluso 1907 ou 1909.
Horreo de Teaio
Estado de conservación: malo, substituíndo a madeira por ladrillo, o cal tamén é visible nos gabinetes. Orixinalmente era máis grande, perdendo un claro no traslado. A pedra está bastante cuberta de musgo e líquenes.
Propiedade: privada, de Ramón Gómez Romero.
Historia:
segundo o propietario, andaría preto dos cen anos. Orixinalmente era máis grande, e estaba emprazado un metros máis ó NE, pero fixeron unha casa no seu emprazamento e o trasladaron ó actual lugar, quitándolle un claro.
Horreo de Teaio
Estado de conservación: mala, coa substitución da madeira por ladrillo e a presencia deste tamén nos gabinetes. Sería preciso limpar a pedra.
Propiedade: privada, de María Baleirón Vázquez.
Historia:
segundo se desprende da inscrición visible no pinche Sur, segundo a ficha de Patrimonio, dataría do ano 1869. Sería un dos hórreos máis antigos da aldea e da parroquia. Non obstante, pola tipoloxía do hórreo coidamos que se corresponde máis co tipo de hórreo construído a principios do século XX.
Horreo de Teaio
Estado de conservación: malo, coa substitución da madeira por ladrillo, e da tella do país por uralita. Sería preciso tamén limpar a pedra.
Propiedade: privada, do matrimonio formado por Divina Ordoñez Buela e Jesús Villanustre.
Historia:
segundo a ficha de Patrimonio, é de 1913, ano visible no frontispicio Sur, aínda que actualmente non conseguimos distinguir a inscrición. É un dos hórreos máis antigos de Teaio.
Horreo de Teaio
Estado de conservación: moi bo, restaurado polos propietarios.
Propiedade: privada, Josefa Castro Castro.
Historia:
segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, é de 1878, segundo reza no seu frontispicio Sur, ano que coincide coa extensión do cultivo do millo na parroquia.
Horreo de Teaio
Estado de conservación: malo, en estado de abandono, con parte da madeira e a cubrición en mal estado, estando as tellas e a pedra cubertas de vexetación.
Propiedade: privada, de Bertina Gómez Romero (viuva de Manolo Garrido).
Historia:
segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, dataría da década de 1920. Pola tipoloxía do hórreo, parece datarse a comezos do século XX.
Horreo de Teaio
Estado de conservación: malo, en estado de abandono, coa madeira e a cubrición en mal estado. Sería preciso tamén limpar a pedra.
Propiedade: privada, de Jaime Garrido.
Historia:
por tipoloxía debe ser un dos máis antigos do conxunto de Teaio, do século XIX ou principios do século XX.
Horreo de Teaio
Estado de conservación: malo, coa introdución de materiais de construción modernos, como o ladrillo e o cemento nos gabinetes e nos claros e a uralita na cubrición. Así mesmo, a madeira que conserva nos claros non se atopa en bo estado.
Propiedade: privada, de dous propietarios: Áurea Garrido Gómez e Amelia Saborido.
Historia:
egundo nos comentou unha das propietarias, de 85 anos, o hórreo é moi antigo, lle acorda toda a vida. Segundo a ficha de Inventario de Patrimonio, sería de principios da década de 1920.
Horreo de Teaio
Estado de conservación: bo, actualmente restaurado, coa madeira e a cubrición novas.
Propiedade: privada, de Liberto Sóñora Sóñora.
Historia:
segundo nos comentou o anterior propietario, este hórreo debe ser un dos máis antigos da aldea, aínda que actualmente está reformado, introducindo elementos novos. Debe ter máis de cen anos.
Horreo de Teaio
Estado de conservación: malo, faltándolle parte da madeira dos claros, sendo substituída por ladrillo, e a tella do país por tella plana. Ademais, introduce cemento nos gabinetes, e lle falta un claro que tería orixinalmente a maiores.
Propiedade: privada, de Divina Vázquez.
Historia:
Orixinalmente tiña un claro máis, pero que cando abriron a actual pista o quitaron. Parece tratarse dun hórreo antigo, aínda que está moi modificado.