CRUCEIRO EN A IGREXA/ CRUCEIRO DO LARANXO .
Lugar: Nunha estrada secundaria, próxima ó patio dunha vivenda/restaurante, no cruce dun camiño coa estrada AC-305 (Km. 1).
Denominación: CRUCEIRO EN A IGREXA/ CRUCEIRO DO LARANXO
Historia:
Ten máis de 100 anos, aínda que non se pode especificar a data. Os veciños chámanlle o Cruceiro do Laranxo por que ó lado hai un bar chamado O Laranxo.
CRUCEIRO DO LOURIDO
Lugar: No cruce de tres camiños. Dodriño
Denominación: CRUCEIRO 1 DE DODRIÑO/ CRUCEIRO DO LOURIDO
Historia:
Ten máis de 100 anos, aínda que non se pode precisar a data. Segundo nos contou unha veciña, cando era pequena os seus maiores contáronlle que esa cruz estaba alí porque foi onde mataran a un home.
CRUZ DO AGRO
Lugar: Atópase ó longo dunha pista, mirando á igrexa parroquial. Actualmente está bastante oculto entre as árbores.
Denominación: CRUCEIRO 2 DE DODRIÑO / CRUZ DO AGRO
Historia:
Ten máis de 100 anos
CRUCEIRO DA PRAZA /
CRUCEIRO DO SOUTO
Lugar: Localízase dentro dun recinto cunha mesa e bancos de pedra, na praza do núcleo, á beira da estrada AC-307. Na bibliografía identifícase esta praza coa antiga praza medieval de venda de peixe..
Denominación: CRUCEIRO 1 DE LESTROBE / CRUCEIRO DA PRAZA / CRUCEIRO DO SOUTO
Historia:
Ten máis de 100 anos, aínda que non se pode precisar data. Os veciños consultados recordan dende sempre este cruceiro nesta praza.
Punto de parada para o culto na procesión da Virxe dos Aflixidos, para rezar. Tamén parada nos enterro
CRUCEIRO DO CAMPO
Lugar: Na actualidade forma parte do muro de peche de propiedade dunha vivenda privada do núcleo, ó longo da estrada AC-307.
Denominación: CRUCEIRO DE LESTROBE 2 / CRUCEIRO DO CAMPO
Historia:
Ten máis de 100 anos. Tradicionalmente, o cruceiro estaba situado nun cruce de camiños, pero co paso do tempo chegou a formar parte da estrutura do muro de peche dunha vivenda particular.
FRAGMENTO DE CRUCEIRO
Lugar: Na actualidade forma parte do muro de peche dunha finca do núcleo, ó longo da estrada AC-307. Ó lado do solar nº 4 da Rúa Fortunato Cruces..
Denominación: CRUCEIRO DE LESTROBE 3 / FRAGMENTO DE CRUCEIRO/span>
Historia:
Seguramente trátase dun cruceiro reaproveitado para a construción dun peche dunha finca. Descoñécese a súa orixe e a súa cronoloxía.