Hórreo de Manselle
Estado de conservación: regular, xa que introduce materiais de construción modernos, como a uralita e o cemento.
Propiedade: privada, de José Abuín Blanco.
Historia:
di o propietario que é moi antigo, máis de cen anos, que lle acorda toda a vida, pero que foi
cambiado de sitio, xa que antes estaba no centro da aldea.
Hórreo de Manselle
Estado de conservación: malo, non conservando a madeira, sendo substituída por ladrillo, e coa cubrición en mal estado tamén. Introduce, así mesmo, ladrillo nun dos gabinetes. Sería preciso limpar a pedra e o entorno.
Propiedade: privada, de Manuela Viturro Rodríguez.
Historia:
parece que tería máis de cen anos, aínda que a filla da actual propietaria non o sabe precisar.
Hórreo de Manselle
Estado de conservación: bo, parece que a repisa e as cepas foron rehabilitadas. Sería preciso mudar a madeira.
Propiedade: privada, de Alfredo Otero Río.
Historia:
unha veciña nos dixo que debe ter máis de cen anos.
Hórreo de Manselle
Estado de conservación: bo, restaurado polos propietarios, a madeira e a cubrición foron renovados.
Propiedade: privada, de María del Carmen Viturro González.
Historia:
o hórreo o fixo o tataravó da actual propietaria. Ela o herdou do seu pai, quen naceu en 1910, e aínda o fixo o avó deste, polo que estamos a falar dunha idade rondando os 150 anos para este hórreo.
Hórreo de Manselle
Estado de conservación: malo, coa madeira e a cubrición en mal estado. Os gabinetes están pechados con ladrillo e a pedra está moi manchada de níqueles e musgos. Vese abandonado.
Propiedade: privada, de María Abuín.
Historia:
non nos souberon concretar a cronoloxía deste hórreo, aínda que parece que é antigo.
Hórreo de Manselle
Estado de conservación: malo, coa madeira en mal estado e con introdución de materias de construción modernos, como o ladrillo e o metal nos gabinetes ou a uralita na cubrición. A pedra precisaría de ser limpa. Recoméndase a súa restauración.
Propiedade: privada, de Pilar Otero Río. Parece que orixinariamente o dono formaba parte dunha familia moi rica de Manselle, sendo coñecido como “O Señorito”.
Historia:
segundo nos comentaron os veciños consultados, tería máis de cen anos. Por tipoloxía tamén parece ser antigo.
Hórreo de Manselle
Estado de conservación: regular, sería preciso renovar a madeira e a cubrición, así como limpar a pedra. Introduce ladrillos nos gabinetes.
Propiedade: privada, de Manuel Rodríguez Río.
Historia:
dí a muller do propietario que non sabe precisar a cronoloxía do hórreo, pero que debe ser antigo. Por tipoloxía tamén parece antigo, de finais do século XIX ou comezos do XX.
Hórreo de Manselle
Estado de conservación: malo, sendo a madeira substituída por ladrillos, os cales son tamén visibles nos gabinetes.
Propiedade: privada, de Luís Rial.
Historia:
por tipoloxía parece ter máis de cen anos. De feito, no pinche frontal parece lerse unha data, aínda que está moi borrada: (...)93.
Hórreo de Manselle
Estado de conservación: regular, sendo preciso renovar a madeira e limpar a pedra. Tamén introduce materiais de construción modernos, como o ladrillo nun gabinete e a uralita na cubrición.
Propiedade: privada, de Otilia Rodríguez.
Historia:
os veciños consultados non nos souberon concretar a cronoloxía do hórreo, aínda que non lles
acorda facelo. Por tipoloxía parece ter máis de cen anos. Aínda en uso.
Hórreo de Manselle
Estado de conservación: malo, coa madeira en mal estado e a pedra moi sucia cuberta de musgo e níqueles, ó igual que a cubrición. Con materiais de construción modernos, como o ladrillo e o cemento nos gabinetes, o ladrillo substituíndo a porta de madeira frontal e a uralita na cubrición. O remate da cruz está incompleto, faltándolle un brazo.
Propiedade: privada, de Ricardo Viturro Rodríguez.
Historia:
os propietarios e máis veciños aseguran que é moi antigo, de máis de cen anos. Por factura parece, efectivamente, moi antigo.
Hórreo de Manselle
Estado de conservación: regular, coa incorporación de materias de construción modernos, como o cemento e o ladrillo nos gabinetes. A madeira e a cubrición foron renovados polos propietarios.
Propiedade: privada, de Avelina Rodríguez.
Historia:
parece, segundo a filla da propietaria, que dataría de 1908 ou 1909.
Hórreo de Manselle
Estado de conservación: malo, non conservando a madeira, sendo substituída por ladrillos. Así mesmo, a cubrición de tella desapareceu, sendo actualmente de uralita. Introduce tamén ladrillos e cemento nos gabinetes. Sería preciso limpar a pedra. Recoméndase a súa restauración.
Propiedade: privada, de María Teresa Diz Rial.
Historia:
no penal Sur é visible unha data inscrita, suponse que é a de fabricación: 1811.
Hórreo de Manselle
Estado de conservación: moi malo, a madeira e a cubrición están en moi mal estado, sobre todo no claro do medio, que apenas as conserva. Recoméndase restauración.
Propiedade: privada, de tres propietarios, aínda que só me puideron dicir o nome de dous: María Teresa Diz Rial e Elena Rodríguez.
Historia:
no penal traseiro é visible unha data inscrita, supomos que é a de construción: 1842.
Hórreo de Manselle
Estado de conservación: regular, sendo preciso renovar a madeira e a cubrición. Tamén sería preciso limpar a pedra. O entorno está moi abandonado. Recoméndase restauración.
Propiedade: privada, de Manuel Sóñora.
Historia:
os veciños consultados din que se trata dun hórreo moi antigo. Por tipoloxía debe ter máis de cen anos.