Hórreo de A Igrexa / Hórreo da Casa Rectoral
Estado de conservación: moi malo, sobre todo o claro do Sur, coa madeira e a cubrición en estado ruinoso. No resto dos claros a madeira foise mudando, aínda que actualmente tanto a madeira como a cubrición están en pésimo estado. Aínda gardan millo nel. Recoméndase encarecidamente a súa restauración.
Propiedade: privada, de varios propietarios: os dous claros do Norte son de Guillermo Castro Rodríguez; os dous claros do medio son de Angel Barros; e o claro do Sur é de propiedade eclesiástica.
Historia:
orixinariamente todo o hórreo era de propiedade eclesiástica, pertencente á Casa Reitoral xunto
cunha gran extensión de terreo. Sen embargo, hai uns anos uns veciños comezaron a mercar diversas leiras situadas na antiga propiedade da Reitoral e con elas pasaron a ter a propiedade de partes do hórreo. Cronoloxicamente, tería a mesma antigüidade que a Casa Reitoral e a igrexa parroquial, a cal foi construída a mediados do século XVIII.
Hórreo de A Igrexa
Estado de conservación: bo, os propietarios lle cambiaron a madeira e a cubrición. Os remates actuais non son os orixinais, son de cemento. Primitivamente tiña unha cruz moi bonita, segundo a propietaria, pero desapareceu cando desmantelaron o hórreo para desprazalo uns metros.
Propiedade: privada, de Ofelia Reboiras Lorenzo.
Historia:
di a propietaria, de 79 anos, que ten máis de cen anos, xa que a casa, co hórreo e o pombal a comprou o seu avó cando veu da Arxentina, e que a súa nai, que morreu con máis de oitenta anos, lle acorda sempre o pombal e o hórreo. Antigamente o hórreo estaba situado uns metros máis ó Sur, pero ó facer a actual pista asfaltada tiveron que desprazalo uns metros cara o interior da finca.
Hórreo de A Igrexa
Estado de conservación: malo, apenas conserva os balaústres de madeira, e os que mantén están en moi malas condicións. A cubrición orixinal foi substituída por uralita. Recoméndase restauración.
Propiedade: privada, de Esther Abuín Abuín.
Historia:
di a propietaria que é moi antigo, de máis de cen anos, que coida que a súa nai (de máis de noventa anos) tampouco lle acordaba de facer o hórreo. Pola factura parece, certamente, de certa antigüidade.