Horreo de Tallós
Estado de conservación: bo, foi restaurado hai uns anos pola Xunta de Galicia.
Propiedade: privada, de Luísa Rey.
Historia:
ós veciños consultados acórdalles toda a vida o hórreo, din que debe ser antigo.
Horreo de Tallós
Estado de conservación: bo, a madeira e a cubrición foron restaurados polos propietarios.
Propiedade: privada, de José Reboiras Casais.
Historia:
O propietario di que cree que pode chegar ós 200 anos de antigüidade. Outra veciña consultada di que lle acorda o hórreo toda a vida.
Horreo de Tallós
Estado de conservación: moi bo, foi restaurado polos propietarios, renovando a madeira e a cubrición.
Propiedade: privada, de Ricardo Romay González.
Historia:
di unha veciña que lle acorda toda a vida o hórreo, que debe ser antigo, de máis de cen anos. Parece ser que foi traído de fora, dende Xei (aldea de Rois).