Horreo de Bustelo
Estado de conservación: moi malo, en total estado de abandono, faltándolle practicamente toda a madeira dos claros. O tellado, que é un raro exemplo de cubrición de lousas, único coñecido no concello, está tamén en mal estado. Recoméndase encarecidamente a súa restauración
Propiedade: privada, dos herdeiros de Ramón Gómez Iglesias.
Historia:
segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, sería de finais do século XIX (entre 1879 e 1880) por analoxías con outros hórreos.
Horreo de Bustelo
Estado de conservación: moi mala, coa substitución da madeira por ladrillo en dous claros e medio, mentres que a madeira que conserva no resto dos claros e nos gabinetes está en moi mal estado. A cubrición tamén se atopa en pésimas condicións. Recoméndase encarecidamente a súa restauración.
Propiedade: privada, dos herdeiros de Elisa Vilas Tobío.
Historia:
segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, habería que datalo a principios do século XX, aínda que non hai referencias concretas sobre a súa cronoloxía. Seguramente construído antes de 1920 por analoxía con outros exemplares semellantes.
Horreo de Bustelo
Estado de conservación: bo, coa madeira dos claros e as tellas da cubrición restauradas. Sería preciso limpar a pedra.
Propiedade: privada, de Nieves Vilas Tobío.
Historia:
segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, dataría arredor de 1880, ano en que culmina o cultivo do millo na aldea de Bustelo. Parece que tanto a cruz funeral, como pináculo e o reloxo de sol foron engadidos posteriormente.
Horreo de Bustelo
Estado de conservación: malo, coa madeira dos claros e a tella de cubrición en mal estado, e a introdución de ladrillos nos gabinetes.
Propiedade: privada, do matrimonio formado por Alfredo Sóñora Sóñora e Elvira Vázquez Vázquez.
Historia:
segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, data aprox. do 1880, por analoxía con outros exemplares da aldea.
Horreo de Bustelo
Estado de conservación: malo, coa substitución da madeira dos claros por ladrillo.
Propiedade: privada, de José Pérez.
Historia:
segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, a estrutura básica pode situarse antes de 1920, pola semellanza con outros exemplares. Carécese de documentación.
Horreo de Bustelo
Estado de conservación: regular, debido ó paso do tempo. A madeira e a cubrición de tellas están en mal estado, moi gastados. Sería preciso tamén limpar a pedra. Recoméndase encarecidamente a súa restauración.
Propiedade: privada, de Consuelo Vázquez Rial.
Historia:
segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, sería de arredor de 1880, pola súa formidable estrutura, pola súa rusticidade e pola sinxeleza dos seus elementos. Por outra parte, son os anos en que se asenta definitivamente o cultivo do millo nesa aldea. Parece que o cultivo do millo en Bustelo introdúcese con 150 anos de retraso. Namentres que nas aldeas situadas no val do Ulla, reciben os primeiros grans de millo na segunda metade do século XVIII (por 1776), a Bustelo chegan en cambio por 1880, e con menos forza coa que se implantan nas outras aldeas da parroquia. Bustelo era un núcleo afastado, sen ningún tipo de relación humana coas demais aldeas, non só por falta de vías de comunicación, se non tamén por un legado recibido: era unha aldea de leprosos, tanto, que nos libros da parroquia nunca figura a aldea de Bustelo se non a aldea de Guixar, hoxe na práctica desaparecida.
Horreo de Bustelo
Estado de conservación: malo, coa madeira dos claros e as tellas da cubrición gastadas, e a introdución de cemento e ladrillo nos gabinetes.
Propiedade: privada, de María Tobío Rodríguez.
Historia:
segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, dataría de finais do século XIX (1879),por analoxías. A actual familia propietaria carece de documentación.
Horreo de Bustelo
Estado de conservación: moi malo, non conservando a madeira dos claros, substituíndoa por ladrillo. Introduce tamén ladrillos nos gabinetes. A cubrición, aínda que de tellas do país, atópase en mal estado.
Propiedade: privada, de Rosario Baleirón Sóñora.
Historia:
segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, este hórreo sería anterior á década de 1920, pola súa similitude con outros hórreos desta aldea. Carécese de documentos.
Horreo de Bustelo
Estado de conservación: moi malo, en total estado de abandono. Fáltalle toda a madeira dos claros, a tella da cubrición está en mal estado e o entorno está cuberto de vexetación. Recoméndase restauración.
Propiedade: privada, da familia Castaño.
Historia:
segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, dataría de arredor de 1880, por analoxía con outros hórreos da mesma índole de Bustelo.
Horreo de Bustelo
Estado de conservación: malo, coa substitución da madeira dos claros por cemento. A cubrición, de tella do país, atópase en mal estado.
Propiedade: privada, de Isaura, viuda de José Rodríguez.
Historia:
segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, este hórreo foi construído probablemente na década de 1880, segundo analoxías con outros hórreos da aldea, e modificado polo ano 1960, momento en que se substituíu a madeira polo cemento.