CRUCEIRO DA ESTRADA LAÍÑO-ROIS I/
CALVARIO DE CHENLO
Lugar: Localízaseo nunha pequena parcela axardinada pública, flanqueada por dúas cruces de formigón
Denominación: CRUCEIRO DE A IGREXA 1 / CRUCEIRO DA ESTRADA LAÍÑO-ROIS I/ CALVARIO DE CHENLO.
Historia:
A basa ten máis de 100 anos. Parece que nos anos trinta do século pasado un ciclón derrubou a súa cruz de pedra. A última reforma data do ano 1963, momento no que o conxunto foi ampliado, coa incorporación das outras dúas cruces de formigón a cada lado do cruceiro xa existente (Cruceiro do Outeiro), e reconstruído, xa que se fixo unha nova cruz de formigón para este cruceiro. Tradicionalmente era punto de parada do Vía Crucis do Xoves e Venres Santos.
CRUCEIRO DA IGREXA DE SAN XIÁN DE LAÍÑO
Lugar: Situado no campo da festa, ó lado da igrexa parroquial.
Denominación: CRUCEIRO 2 DE A IGREXA / CRUCEIRO DA IGREXA DE SAN XIÁN DE LAÍÑO
Historia:
Ten máis de 100 anos. A cruz orixinal está na casa Reitoral e, en tempos, este conxunto estivo no camiño da banda, en Tarrío.
Uso devocionario (ofrendas) e actividades relixiosas, sendo parada na procesión do Santísimo.
CRUCEIRO DE DON PEDRO
Lugar: No lugar coñecido como A Tomada, xunto as aldeas de arriba, na parroquia de San Xián de Laíño. Ó pé da estrada Laíño-Rois.
Denominación: CRUCEIRO DE A TOMADA / CRUCEIRO DE DON PEDRO
Historia:
a parte máis antiga, de máis de 100 anos, corresponde á plataforma e a basa de granito. Na publicación de Martín Ruíz (1999), este cruceiro aínda estaba incompleto, mentres que na ficha do preinvetario etnográfico da Xunta de Galicia (ano 2004) xa estaba refeito o varal e a cruz en cemento. Foi roubado en varias ocasións e sempre restaurado.
CRUCEIRO 1 DE MANSELLE
Lugar: Localizado no lugar do núcleo coñecido como A Aldea de Abaixo, no cruce de dous camiños.
Denominación: CRUCEIRO 1 DE MANSELLE
Historia:
Ten máis de 100 anos. Orixinariamente estaba situado máis abaixo, na entrada da aldea. Cando se fixo a vía rápida houbo que mudalo de sitio.
O cortexo fúnebre paraba diante.
CRUCEIRO DO SOUTO
Lugar: Nunha pequena praza onde se cruzan cinco camiños, baixo unha parra, no lugar de Manselle coñecido como O Souto, no centro da aldea.
Denominación: CRUCEIRO 2 DE MANSELLE / CRUCEIRO DO SOUTO
Historia:
cruceiro de máis de cen anos, facíase parada diante del nos enterros.
CRUZ DE RIALIÑO / CRUZ DA ESTIVADIÑA /
CRUCEIRO DOS CARBALLIÑOS
Lugar: Nun entorno rural, no cruce de tres camiños. Rialiño
Denominación: CRUZ DE RIALIÑO / CRUZ DA ESTIVADIÑA / CRUCEIRO DOS CARBALLIÑOS
Historia:
Antigamente se empregaba como lugar de enterramento de bebés non bautizados. Hoxe segue a ser un lugar de culto relixioso e parada de procesións. A Carreira das Bestas era o vello camiño sacramental que baixaba desde onde está o cruceiro de Don Pedro, en a Cruz, ata o Rialiño. O cruceiro cambiouse de sitio por unha ofrenda e despois roubáronlle a cruz varias veces.
CRUCEIRO DE SAR /
CRUCEIRO DE BAZOCO
Lugar: Nunha pequena lomba ó borde dunha estrada secundaria, nun cruce, lugar de Sar
Denominación: CRUCEIRO DE SAR / CRUCEIRO DE BAZOCO
martelos.
Historia:
Ten máis de 100 anos (a base a o fuste). Parece que nos anos trinta un ciclón derrubou a súa cruz de pedra.
CRUCEIRO DE EIRÓ /
CRUCEIRO DE GRADÍN
Lugar: Levántase ás aforas do núcleo, entre Eiró e Tarrío, nun rechán ó lado da estrada que leva a Tarrío e a Tallós.
Denominación: CRUCEIRO DE EIRÓ / CRUCEIRO DE GRADÍN
Historia:
Ten máis de 100 anos (data de 1761).
CRUCEIRO DA ESTRADA LAÍÑO-ROIS II
Lugar: No sitio coñecido como Revolta da Cruz, ó NW da Fonte Primeiral. Traxeito
Denominación: CRUCEIRO 2 DE TRAXEITO / CRUCEIRO DA ESTRADA LAÍÑO-ROIS II
Historia:
un veciño nos contou que o fixeron hai uns 20 ou 30 anos, cun diñeiro veciñal. O cruceiro foi feito na Picaraña. Na rocha que serve de baseamento meteron un cano para facer unha fonte coa auga que baixa do monte.
CRUCEIRO DA FONTE DO COTO
Lugar: No cruce de dúas rúas, ó lado dunha escola. Traxeito
Denominación: CRUCEIRO 1 DE TRAXEITO / CRUCEIRO DA FONTE DO COTO
Historia:
un veciño nos contou que o fixeron hai uns 20 ou 30 anos, cun diñeiro veciñal. O cruceiro foi feito na Picaraña. Na rocha que serve de baseamento meteron un cano para facer unha fonte coa auga que baixa do monte