Capela de San Xosé

Lugar Vigo
Parroquia Santa María de Dodro
Construción Descoñecido
Imaxe da capela

Descrición

Capela pertencente ó Pazo do Marqués de Bendaña,actualmente desaparecido. Da capela tan só quedan as paredes no seu emprazamento orixinal, totalmente alterada, sen ningún tipo de culto. De planta rectangular, con muros de cantería labarada e cuberta a dúas augas con acabado de tella camba sobre entramado de madeira. Presenta na súa fachada norte dúas portas de acceso.

Fontes:

Concello de Rois, Wikipedia, obaixoulla.gal, Patrimoniogalego.net