Pazo do Marqués de Bendaña, Pazo de Vigo, Pazo de Dodro, Casa do Marqués ou A Torre

Lugar (lugar de Vigo
Parroquia Sta. Mª de Dodro
Construción construído no ano 1643 (1567)

Imaxe do pazo


Descrición

Actualmente desaparecido por ter sido desmantelado e levadas as súas pedras máis significativas ó Pazo de Meirás (onde aínda son visíbeis), unha vez doado polo concello ó xeneral Franco durante a ditadura. Xunto ó pazo levantábase unha capela, a de San Xosé, da que actualmente tan só quedan as paredes no seu emprazamento orixinal.

Tratábase dunha valiosa mostra do barroco compostelán, construído no ano 1643, sendo atribuído a Marcos Fandiño. Destacaba o torreón que o presidía, de planta rectangular e cunha fermosa balconada que corría ao longo da fachada á altura do primeiro andar. Tiña gárgolas nas catro esquinas e un escudo historiado baixo o beiril, con cinco pedras armeiras.