Capela de San Xosé

Lugar Imo
Parroquia San Xoán de Laíño
Construción Século XIX
Imaxe da capela

Descrición

Capela de pequenas dimensións a carón da Casa Reitoral, na parte alta da aldea, construída en 1831. Ten planta rectangular e con fronte de cantería, a cal presenta unha porta principal de aceso de lintel recto e unha abertura circular por riba. Muros de cachotería e cuberta a dúas augas con tella curva sobre entramado de madeira. A cubrición coróase na súa fronte por unha estrutura de sección cuadrangular que aloxa unha campá e rematada en forma piramidal. Sufriu diversas modificacións. En bo estado de conservación.

Foi construída como alternativa á igrexa parroquial por ter esta moi difíciles accesos e con moi pouca asistencia de fieis. O párroco optou por dicir misa na capela todos os días a horas moi temperás para facilitar o traballo no campo. Co tempo, e a mellora dos accesos á parroquial, deixouse de usar diariamente. Pola súa situación no medio da aldea tamén se usaba para dar avisos coa súa campá.

Fontes:

Concello de Rois, Wikipedia, obaixoulla.gal, Patrimoniogalego.net