Capela da Virxe do Bo Parto e do Leite

Lugar A Igrexa, San Xián de Laíño
Parroquia San Xián de Laíño
Construción Século XVI-XVIII
Imaxe da capela

Descrición

É un edificio de planta rectangular e reducidas dimensións (6 m. de largo aprox. por 4,50 m. de ancho), en obra de perpiaños e cachotería, con bóveda de adobe e cemento e cuberta a dúas augas. O máis destacable dende o punto de vista artístico é a súa fachada principal, que responde a traza neoclásica. Consta dun único corpo con porta no centro xalonada por dúas columnas monolíticas exentas sen capitel e sobre basas cúbicas, as cales sosteñen a cornixa que no centro avanza 80 cm. aprox.

Completa a fachada un frontón curvo do mesmo ancho que esta, o cal aparece coroado no centro por un pequeno campanil en forma de trípode e remate en cruz do tipo dos cruceiros, cun Cristo e unha Piedade, ambos en granito. A porta é de arco carpanel de tres centros e presenta ó igual que o resto do paramento da fachada principal, un enmarque de cantería en resalte. O acceso ó edificio faise á través dunha escaleira de granito de cinco escadas. En setembro celébranse as festas no seu honor.

Fontes:

Concello de Rois, Wikipedia, obaixoulla.gal, Patrimoniogalego.net