Lugar | Imo |
Construción | século XVIII, concretamente de 1754 |
Descrición
Esta conta con planta rectangular con unha soa nave dividida en tres tramos por arcos faxóns sobre pilares, cuberta con bóveda de canón.
Ábsida cuadrangular na cabeceira cunha sacristía nun lateral. O retablo e as capelas presentan estrutura de época neoclásica. A fachada principal é sinxela, cun campanario na esquina esquerda, de planta cadrada na parte inferior e octogonal no resto.
Conta con unha porta central e enriba desta é visible unha fornecina coa imaxe da Virxe. Muros de cantería e cuberta a dúas augas con tella. No exterior forman un fermoso conxunto o Vía Crucis e máis un coidado xardín que dá acceso á igrexa. Construída polos discípulos de Simón Rodríguez e de Francisco Núnez de Boiro.