Horreo de Bexo
Estado de conservación:
malo, con parte da cubrición de tella en moi mal estado e a introdución de materiais de construción modernos, como son o ladrillo e o cemento para o peche dos gabinetes e dos claros, e a uralita como cubrición da metade do hórreo.
Propiedade: privada, de Ricardo Pérez Barreiro.
Historia:
unha veciña consultada, duns setenta e pico anos, xa non lle acorda de facer este hórreo. Díxonos que orixinalmente pertencía a unha familia coñecida como Os Carleses. Parece que tería máis de cen anos. Segundo a ficha de Inventario de Patrimonio, parece de principios do século XX (por analoxía).
Horreo de Bexo
Estado de conservación: malo, con partes refeitas, como é o pedestal, e a introdución de materiais de construción modernos como o ladrillo, no claro central, o cemento no encintado e a uralita na cubrición.
Propiedade: privada, de Ramona de Biturro e Consuelo Maio (viuva de Ramón Vidal).
Historia:
parece que tería máis de cen anos. Segundo a ficha de Inventario de Patrimonio, sería de mediados da década de 1920 (sobre 1925).
Horreo de Bexo
Estado de conservación: regular, aínda que a madeira foi renovada recentemente e a cubrición se atopa en bó estado, introduce materiais de construción modernos, como o ladrillo.
Propiedade: privada, de José Ramón Rodríguez.
Historia:
segundo o fillo do propietario, tería máis de cen anos. Segundo a ficha de Inventario de Patrimonio, dataría de 1927, por analoxía con outros exemplares.
Horreo de Bexo
Estado de conservación: bastante bo, quitando a uralita na cubrición debaixo da tella e da madeira algo gastada polo paso do tempo. Recoméndase restauración.
Propiedade: privada, de Esther Rial e de Francisco Conde García (Paco dos Outeiros).
Historia:
privada, de Esther Rial e de Francisco Conde García (Paco dos Outeiros).
Historia.- segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, dataría de 1856.
Horreo de Bexo
Estado de conservación: moi malo, faltándolle toda a madeira dos claros e toda a cubrición de tella, así como parte do entramado. Recoméndase restauración.
Propiedade: privada, do matrimonio formado por Divina Ordoñez Buela e Jesús Villanustre.
Historia:
segundo os veciños consultados, sería antigo, seguramente de máis de cen anos. Segundo a ficha de Inventario de Patrimonio, dataría, aproximadamente, do 1927 (polas cabeceiras).
Horreo de Bexo
Estado de conservación: regular, coa madeira e a tella en mal estado. Sería preciso tamén limpar a pedra e o entorno. Recoméndase encarecidamente a súa restauración.
Propiedade: privada, de Carmen Rey.
Historia:
os veciños consultados aseguran que se trata dun hórreo antigo, tería máis de cen anos. Neste lugar facíase a malla, nunha extensa eira situada ó SW deste hórreo e do hórreo 7 de Bexo. Hórreo que aínda está en uso, alugado a unha veciña de Bexo.
Horreo de Bexo
Estado de conservación: malo, con parte da cubrición de tella en moi mal estado e a introdución de materiais de construción modernos, como son o ladrillo e o cemento para o peche dos gabinetes e dos claros, e a uralita como cubrición da metade do hórreo.
Propiedade: privada, de Ricardo Pérez Barreiro.
Historia:
unha veciña consultada, duns setenta e pico anos, xa non lle acorda de facer este hórreo. Díxonos que orixinalmente pertencía a unha familia coñecida como Os Carleses. Parece que tería máis de cen anos. Segundo a ficha de Inventario de Patrimonio, parece de principios do século XX (por analoxía).
Horreo de Bexo
Estado de conservación: malo, coa madeira en mal estado, non conservando os remates e coa substitución da tella do país por uralita na cubrición. Recoméndase restauración.
Propiedade: privada, de Dolores Franco Buela.
Historia:
a propietaria comentou nos que este hórreo é moi antigo, que xa llo deixaron os seus avos aos seus pais. Tería máis de cen anos.
Horreo de Bexo
Estado de conservación: malo, coa introdución de materiais de construción modernos como son o cemento nos claros e a uralita na cubrición. E a madeira que aínda se conserva está en malas condicións. Recoméndase encarecidamente a súa restauración.
Propiedade: privada, de varios propietarios: Nélida Vidal Abuín, Juan Abuín Collazo e herdeiros de José Mariño González.
Historia:
segundo unha das propietarias, trátase dun hórreo moi antigo, de máis de cen anos. Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, sería, seguramente, da década de 1920.
Horreo de Bexo
Estado de conservación: malo, coa introdución de materiais de construción modernos, como o cemento e a uralita. A madeira consérvase en mal estado, así coma a cubrición de tella. Recoméndase encarecidamente a súa restauración, xunto co hórreo 9 de Bexo.
Propiedade: privada, de varios propietarios: Dina Mariño, Nélida Vidal Abuín, Ramona Vidal Collazo, Maximino Rodríguez Borrazás, Ramona Rey Lorenzo, Josefina Abuín Rey, Ramona Rey Lorenzo (medio claro) e Juan Abuín Collazo (medio claro).
Historia:
segundo unha das propietarias, trátase dun hórreo moi antigo, de máis de cen anos. Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, sería de principios do século XX. É o hórreo máis grande do concello.
Horreo de Bexo
Estado de conservación: bo, aínda que a madeira, gastada polo paso do tempo, sería preciso cambiala e a pedra limpala. A cubrición, de tella do país, foi renovada. O peor é a presencia do encintado de cemento na repisa. Recoméndase restauración.
Propiedade: privada, de Ramona Lorenzo Mariño (viuda de Francisco Conde García).
Historia:
segundo os comentarios dos veciños, este hórreo tería máis de 150 anos, pertencendo a unha casa moi antiga. Segundo a ficha de Inventario de Patrimonio, dataría de principios do século XX, non despois de 1913.