Horreo de Rialiño
Estado de conservación: moi bo, restaurado polos propietarios.
Propiedade: privada, de Consuelo Torrado e Clemente Méndez Castaño.
Historia:
di o propietario que é moi antigo, que xa lle acorda ó seu sogro, ten máis de cen anos. O tamaño do hórreo e o feito de que pertencera a unha soa persoa indica que se trataba dunha familia moi podente que tiña moitas leiras.
Horreo de Rialiño
Estado de conservación: regular, abandonado. A madeira e a cubrición atópanse en mal estado, e está cuberto de vexetación, aínda que foi limpo máis recentemente. A finca na que se insire tamén está abandonada, así como a casa á que pertence.
Propiedade: privada, de María Felicitas Santiso Castaño e Fernando Vila Brión.
Historia:
parece que ten entre 70 e 80 anos, pero pola súa factura coidada o incluímos neste estudio.
Horreo de Rialiño
Estado de conservación: malo, a madeira e a cubrición están en bastante mal estado, e as cepas están reconstruídas en parte con cemento.
Propiedade: privada, de Carmen Bustelo Reboiras.
Historia:
Di a propietaria que debe de ter máis de cen anos.
Horreo de Rialiño
Estado de conservación: malo, nun entorno bastante abandonado. Non conserva a cubrición nin os remates e a madeira está en bastante mal estado.
Propiedade: privada, de José Brañeiro.
Historia:
é de factura semellante o hórreo 3, pode ser tamén de certa antigüidade.
Horreo de Rialiño
Estado de conservación: moi bo, restaurado.
Propiedade: privada, de José Castro Carou.
Historia:
o hórreo pertence a unha casona de pedra, actualmente restaurada, que debeu ter gran poderío económico. Non parece tratarse dun hórreo especialmente antigo, aínda que pola súa tipoloxía merece incluírse no estudio.
Horreo de Rialiño
Estado de conservación: bastante bo, a madeira e a cubrición foron restauradas. Presenta materiais de construción modernos nos gabinetes (ladrillo).
Propiedade: privada, de Teresa Regueira Fabeiro.
Historia:
a propietaria di que tería máis de cen anos, aínda que foi desprazado uns metros do seu emprazamento orixinario (na mesma parcela).
Horreo de Rialiño
Estado de conservación: mala, con ladrillos pechando os gabinetes, os claros e a porta frontal. Ten instalada unha antena de televisión no penal traseiro.
Propiedade: privada, de Cesáreo Castaño Sóñora.
Historia:
segundo os veciños e os propietarios tería moita antigüidade. Dataría de finais do século XIX ou comezos do XX.