RELOXO DE SOL DE MANSELLE
Lugar: Manselle
Denominación: RELOXO DE SOL DE MANSELLE, NO HÓRREO 4.
Historia:
O hórreo onde esta situado e por tanto, o reloxo, andan rondando os 150 anos.
RELOXO DE SOL DE REBOIRAS
Lugar: Reboiras
Denominación: RELOXO DE SOL DE REBOIRAS.
Historia:
Di unha das súas propietarias que o hórreo é moi antigo, máis de cen anos. Único exemplar atopado na aldea de Reboiras.
RELOXO DE SOL 1 DE RIAL DE LAGOA,
NA PAREDE DUNHA VIVENDA
Lugar: Rial de Lagoa
Denominación: RELOXO DE SOL 1 DE RIAL DE LAGOA, NA PAREDE DUNHA VIVENDA.
Historia:
Os veciños consultados dixéronnos que ten que ser moi antigo, que o recordan aí toda a vida. Probablemente do século XIX.
RELOXO DE SOL 2 DE RIAL DE LAGOA
Lugar: Rial de Lagoa
Denominación: RELOXO DE SOL 2 DE RIAL DE LAGOA, NO HÓRREO 4.
Historia:
De mediados do século XIX. Fíxoo Don Juan Jabino Loureiro, bisavó de Manuel Rodríguez Deza e antigo alcalde de Dodro, entre 1840 e 1860. A viuva di que hai papeis que acreditan a súa antigüidade. Así mesmo comenta que a data está inscrita no propio hórreo, aínda que actualmente non se ve. Parece que este hórreo, e polo tanto o seu reloxo, foi feito en imitación do hórreo 5 e do seu reloxo de sol (reloxo de sol 3 de Rial de Lagoa).
RELOXO DE SOL 3 DE RIAL DE LAGOA
Lugar: Rial de Lagoa
Denominación: RELOXO DE SOL 3 DE RIAL DE LAGOA, NO HÓRREO 5.
Historia:
De mediados do século XIX. Fíxoo Don Juan Jabino Loureiro, bisavó de Manuel Rodríguez Deza e antigo alcalde de Dodro, entre 1840 e 1860. A viuva di que hai papeles que acreditan a súa antigüidade. Parece que este hórreo, e polo tanto o seu reloxo, foi imitado polo hórreo 4 e o seu reloxo de sol (reloxo de sol 2 de Rial de Lagoa).