Horreo de Castro
Estado de conservación: malo, xa que a madeira e a cubrición están en bastante mal estado, e o entorno está abandonado. Recoméndase encarecidamente a súa conservación.
Propiedade: privada, moi compartida entre varias familias: herdeiros de Manolo Otero (as do Prado), Josefa Ares Castro (“A Ardeira”) e Carmen Tourís (“A Casala”).
Historia:
data, segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, do ano 1860, ou incluso anterior. Hórreo que presenta peculiaridades moi chamativas, como o pasadizo na plataforma. Formidable exemplo pétreo que pola aparencia indica a súa potencia económica
Lendas e tradicións.- vinculado á figura de Xanquinto, famoso bandido de principios do século XX.
Horreo de Castro
Estado de conservación: malo, conservando mal a madeira, que en dous claros foi substituída por ladrillo nos anos 60, e a cubrición. Introduce materiais de construción modernos, como o cemento e o ladrillo, nos gabinetes e claros, e a uralita, na cubrición. A pedra está cuberta de hedra, musgo e líquenes, sería preciso limpala. Recoméndase restauración.
Propiedade: privada, de tres veciños: Manolo García (o claro do reloxo de sol), Josefa Ares Castro (“A Ardeira”) e María Lestido.
Historia:
segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, é do ano 1869, data visible no frontispicio Norte, aínda que hoxe en día non se consegue distinguir. En uso actualmente. Parece tratarse dun dos hórreos máis antigos da parroquia.
Horreo de Castro
Estado de conservación: malo, coa madeira en moi mal estado e a cubrición en estado ruinoso. No extremo Sur hai un claro totalmente arruinado. Cuberto en parte pola vexetación. Recoméndase encarecidamente a súa restauración.
Propiedade: privada, de varios veciños: Josefa Ares Castro (“A Ardeira”), Regina Citoula, Guillermo Reboiras, herdeiros de Manuel Deza, herdeiros de Josefa Castro Ares e María Salgado (“A Carreteira”).
Historia:
segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, parece tratarse do hórreo máis antigo de Castro, situándose en anos inmediatamente anteriores a 1860 (en función dos datos históricos dos outros hórreos). É un exemplo único das súas características nesta aldea e, probablemente, de toda a parroquia. Sinalar que nesta Eira de Abaixo, que era privada, había un terceiro hórreo, coñecido como o Hórreo da Ardeira, de madeira, con pés de pedra e tornarratos circulares, do que hoxe tan só quedan unhas pedras dispersas. Erguíase entre os hórreos 3 e 4 .
Horreo de Castro
Estado de conservación: moi malo, completamente arruinado. A madeira e a cubrición están en moi mal estado. Un dos propietarios colocou ladrillo na metade dun claro. Recoméndase encarecidamente a súa restauración.
Propiedade: privada, de varios veciños: Ramón Vicente Bustelo (“Moncho do Castriño”, os dous claros dos extremos) e herdeiros de Manuela Rodríguez (o claro do medio).
Historia:
segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, é da década de 1860. Sinalar que nesta Eira de Abaixo, que era privada, había un terceiro hórreo, coñecido como o Hórreo da Ardeira, de madeira, con pés de pedra e tornarratos circulares, do que hoxe tan só quedan unhas pedras dispersas. Erguíase entre os hórreos 3 e 4 .
Horreo de Castro
Estado de conservación: moi malo, totalmente alterado. A madeira foi substituída por ladrillos e a cubrición de tella por uralita. Os gabinetes tamén aparecen pechados con ladrillo. O entorno e igualmente reprobable, embutido entre alpendres de cemento e ladrillo.
Propiedade: privada, de Francisco Casal (“O Pastorizo”).
Historia:
un veciño, de algo máis de setenta anos, nos dixo que lle acorda toda a vida, que debe ser antigo, aínda que non soubo concretar a data con maior exactitude. Dataría de comezos do século XX.
Horreo de Castro
Estado de conservación: moi malo, en estado ruinoso e en absoluto abandono, apenas conservando a madeira e menos a cubrición de tella. Cuberto pola vexetación. Sen remates.
Propiedade: privada, de tres propietarios, aínda que só me souberon dicir dous: Luisa Bondad Seoane e María Rosa Santiago Tourís.
Historia:
segundo os veciños consultados sería tamén antigo, máis de setenta anos seguro, pero non souberon concretar máis.
Horreo de Castro
Estado de conservación: moi malo, co corpo do hórreo deformado, inclinado para un lado, en total estado de abandono. Ademais, a cuberta orixinal foi cambiada por unha de uralita, e a porta frontal de madeira primitiva foi substituída por unha de chapa. Así mesmo, o entorno está afectado pola mesma situación de abandono.
Propiedade: privada (típico hórreo unifamiliar), dos fillos de Delfina Rial.
Historia:
segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, o emprazamento podería ser de 1860, aínda que é imposible determinar a cronoloxía. Parece que foi desprazado.
Horreo de Castro
Estado de conservación: moi malo, a madeira e a cubrición están en moi mal estado, sobre todo no terceiro claro. Non conserva o remate traseiro e ten uralita por baixo da tella da cubrición. Sería preciso limpar a pedra. Recoméndase encarecidamente a súa rehabilitación.
Propiedade: privada, moi compartida entre varias familias: Ernesto Aído Abuín, Josefina Rial Ares e Manuela Ares Miguens (dous claros).
Historia:
por analoxía cos demais hórreos, pode datarse na década de 1860.