POMBAL EN CASTRO
Lugar: CASTRO
Denominación: POMBAL DE MARÍA CASAL REBOIRAS
Historia:
Na ficha do inventario de Patrimonio, dátase, con reservas, a principios do século XX.
POMBAL EN IMO 1
Lugar: IMO
Denominación: POMBAL DE CASA DE AGUIRRE 1
Historia:
Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, dataríase, con reservas, en 1780. Este pombal foi construído, como todos os elementos da familia Aguirre, polos canteiros que tamén fixeron o templo parroquial. Se a mansión señorial pode situarse por 1758, o pombal dataría dalgúns anos despois. Forma parte dun conxunto arquitectónico único, formado por dous hórreos, dous pombais, casa de caseiro, reloxo de sol e outros elementos.
POMBAL EN IMO 2
Lugar: IMO
Denominación: POMBAL DE CASA DE AGUIRRE 2
Historia:
Segundo a ficha de Patrimonio, dataríase, con reservas, en 1780. Este pombal foi construído, como todos os elementos da familia Aguirre, segundo a tradición, polos canteiros que tamén fixeron o templo parroquial. Se a mansión señorial pode situarse por 1758, o pombal dataría dalgúns anos despois. Forma parte dun conxunto arquitectónico único, formado por dous hórreos, dous pombais, casa de caseiro, reloxo de sol e outros elementos.
POMBAL EN IMO 3
Lugar: IMO
Denominación: POMBAL DE FERREIRÓS
Historia:
Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, dataría, con reservas, de finais do século XVIII, por ser a mesma data que para outros pombais da aldea. Pertenceu, nun principio, a unha ilustre familia chamada Ferreirós, na práctica extinguida.
POMBAL EN IMO 4
Lugar: IMO
Denominación: POMBAL DAS SEÑORITAS DE RIAL
Historia:
Segundo a ficha de Patrimonio, dataría entorno ó ano 1780, data pola que se instalaría a familia propietaria orixinaria no lugar. O primeiro propietario foi cofundador da igrexa parroquial por 1754.
POMBAL EN IMO 5
Lugar: IMO
Denominación: POMBAL DA VIÑA
Historia:
Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, dataría do ano 1780, con algunha reserva. Parece que en tempos foi todo un símbolo daqueles paraxes.
POMBAL EN IMO 6
Lugar: IMO
Denominación: POMBAL DE FINO
Historia:
A propietaria actual non nos soubo concretar a súa cronoloxía, pero xa existía no tempo dos seus avós. Sinalar que esta familia propietaria adquiriu notable relevancia cun crego que houbo nela na primeira metade do século XIX. Actualmente en desuso.
POMBAL EN IMO 7
Lugar: IMO
Denominación: POMBAL DA REITORAL
Historia:
Segundo a ficha de Patrimonio, este pombal dataría entorno ó ano 1780, sendo contemporáneo da igrexa parroquial e da Casa Reitoral.
POMBAL EN TEAIO 1
Lugar: Localizado nunha finca privada pechada, propiedade orixinalmente da familia co alcume dos Macanudos, xunto a outros dous hórreos (hórreos 5 e 6 de Teaio).
Denominación: POMBAL EN TEAIO 1
Historia:
A propietaria actual, duns 90 anos, di que lle acorda o pombal dende sempre, pudendo ser do século XIX.
POMBAL EN TEAIO 2
Lugar: Entre os lugares coñecidos como Botafal (do Pombal para arriba) e Salamosa (do Pombal para abaixo).
Denominación: POMBAL DA VEIGA
Historia:
Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, habería que situalo sobre o ano 1824, segundo as características similares con outros pombais, aínda que carece de datos fiables. A propietaria actual, duns 90 anos, comentounos que xa o seu pai o recordaba dende sempre. Actualmente en desuso.
POMBAL EN TEAIO 3
Lugar: No lugar coñecido como Agro da Chousa, no Quinteiro de Arriba. Dentro dunha finca privada pechada (nº 131), xunto a un hórreo (hórreo 7 de Teaio).
Denominación: POMBAL DE MANUEL GARRIDO
Historia:
Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, dataría, aproximadamente, con moitas reservas, de 1780, ou posterior, acaso 1830. Nesta mesma casa había un reloxo de sol (reloxo de sol 2 de Teaio), non estando actualmente no seu emprazamento orixinal.