Hórreo de Paizal
Estado de conservación: bo, restaurado polos propietarios.
Propiedade: privada, de Roberto Manuel Romero Otero.
Historia:
unha veciña comenta que é moi antigo, e que o trouxeron de Traxeito á actual localización,
sendo a orixinal o lugar coñecido como a Eira de Traxeito.
Hórreo de Paizal
Estado de conservación: regular, a madeira e a cubrición atópanse en mal estado, non conserva a cruz e introduce materiais de construción moderno (cemento) substituíndo á madeira do penal traseiro.
Propiedade: privada, de Rosa Vázquez.
Historia:
di unha veciña que é antigo, que ela xa non lle acorda facer.
Hórreo de Paizal
Estado de conservación: malo, a madeira e a cubrición atópanse en moi estado, non conserva a cruz do remate e a pedra habería que limpala, así como o entorno. Recomendase restauración.
Propiedade: privada, de Ana Mene.
Historia:
segundo o marido da actual propietaria e dos veciños consultados, parece que sería un hórreo moi antigo, se callar máis de 200 anos.
Hórreo de Paizal
Estado de conservación: malo, non conserva a madeira, substituída por ladrillo, nin a cubrición orixinal de tella, sendo actualmente de uralita, e os remates son de cemento
Propiedade: privada, de Orestes Castro Crismán.
Historia:
a muller do propietario non soubo concretar a antigüidade deste hórreo. Debe ser antigo como os anteriores, pero éste está moi reformado con ladrillo e cemento.
Hórreo de Paizal
Estado de conservación: regular, a madeira e a cubrición están en bastante mal estado, ten partes en cemento nas cepas e a pedra precisaría ser limpa.
Propiedade: privada, de Gonzalo Mariño Rodríguez.
Historia:
este hórreo pertence a un conxunto formado por casa tradicional de pedra e pombal, todo de máis de cen anos de antigüidade.