POMBAL DA RECTORAL.
Lugar: Situado nunha finca, actualmente pechada, que se estende pola parte traseira da Casa Reitoral, xunto co hórreo 1 de A Igrexa (nº 74) o cal pertencía tamén á Reitoral, ó Norte da igrexa parroquial.
Denominación: POMBAL 1 EN A IGREXA / POMBAL DA RECTORAL
Historia:
tería a mesma antigüidade que a casa Reitoral e a igrexa parroquial, a cal foi feita a mediados do século XVIII. Dende os seus orixes formaría parte do conxunto eclesiástico da Casa Reitoral.
POMBAL 2 EN A IGREXA
Lugar: Situado na mesma finca que o hórreo 2 de A Igrexa (nº75), pertencente a casa número 14 do núcleo. Sitúase ó pé da estrada.
Denominación: POMBAL 2 EN A IGREXA
Historia:
Dí a propietaria que tería máis de cen anos, xa que a casa, co pombal e o hórreo (hórreo 2 de A Igrexa) a comprou o seu avó cando veu da Arxentina, e que a súa nai, que morreu con máis de oitenta anos, lle acorda sempre o pombal e o hórreo.
POMBAL DO LUGAR DE BUSTELO
Lugar: no lugar chamado Bustelo, preto de Paizal, parroquia de San Xián de Laíño. Neste punto tan só existen un par de vivendas, un alpendre e o pombal, ademais dun muíño xa máis abaixo, que era o que daba luz eléctrica a este pequeno enclave
Denominación: CRUCEIRO DE A TOMADA / CRUCEIRO DE DON PEDRO
Historia:
forma parte do conxunto composto de vivenda tradicional de pedra e de grandes dimensións e de alpendre para corte, tamén de pedra. A casa estivo en mans, a lo menos, de tres familias: os propietarios orixinais, dos que o actual propietario non lembra o nome, os Taboada, antigos caseiros da casa que acabaron comprándoa, e os pais de Manuel Romero, que tamén foron caseiros da vivenda, e acabaron comprando unha parte (a outra parte a comprou a familia dos Brañeiro). Trataríase pois dunha vivenda de gran notoriedade, de familia adiñeirada, posiblemente do século XIX, se non anterior.
POMBAL DE MANSELLE
Lugar: Nun outeiro, na zona coñecida como O Souto, na finca designada como A Horta do Val.
Denominación: POMBAL DE MANSELLE
Historia:
o pombal forma parte do conxunto de casa tradicional, hórreo e pombal. A casa foi feita en 1927, polo que o pombal dataría deses mesmos anos.
POMBAL DA XANIÑA
Lugar: Situado nunha finca privada pechada, pertencente ó solar nº 5 do núcleo.
Denominación: POMBAL DA XANIÑA
Historia:
actualmente está restaurado e en uso, pero forma parte da casa tradicional, xunto cun hórreo, de máis de 100 anos.
POMBAL DE RIALIÑO
Lugar: Situado nunha finca privada pechada, a mesma finca e mesma casona á que pertence o hórreo 2 de Rialiño.
Denominación: POMBAL DE RIALIÑO
Historia:
unha veciña recorda cando aínda tiña pombas. Se é da mesma cronoloxía que o hórreo, terá uns setenta ou oitenta anos
POMBAL DA CASA INDIANA DE TARRÍO
Lugar: Localizado no lugar coñecido como a Banda de Tarrío, sobre o muro de peche da finca da casa indiana situada ó pé da estrada que separa Tarrío da Banda, e identificada co solar número 35.
Denominación: POMBAL DA CASA INDIANA DE TARRÍO
Historia:
segundo nos informou un veciño de Tarrío, parece que a casa sería feita entre 1910 e 1920, por tres irmáns que voltaron de Bos Aires: Peregrino, Luciano e Antonio Brañeiro Rey. Peregrino e Luciano quedaron con esta casa, ficando entón a propiedade posteriormente en mans dos herdeiros destes dous irmáns.