Horreo de Revixós
Estado de conservación: Regular, con partes en cemento. A madeira e o tellado foron restaurado polos propietarios hai uns anos.
Propiedade: Privada, ten dous propietarios: un claro e dous gabinetes son de Beatriz Romero González, e o resto é de María Mariño González.
Historia:
Di unha das propietarias que ten máis de cen anos, xa que era dos seus bisavós.
Horreo de Revixós
Estado de conservación: Malo, con partes en cemento e ladrillo e elementos metálicos; a madeira foi restaurada en parte, estando a restante en malas condicións.
Propiedade: Privada, de dous propietarios: Carmen Pérez e José Pérez.
Historia:
Din os veciños que sería moi antigo, aínda que non precisaron anos. Dataría de principios do século XX.
Horreo de Revixós
Estado de conservación: Regular, coa madeira en mal estado e partes en cemento.
Propiedade: Privada, de Francisco Calvo Pérez.
Historia:
Segundo o irmá do propietario e un veciño, tería máis de cen anos. Parece que foi trasladado aquí dende outro lugar.
Horreo de Revixós
Estado de conservación: malo, coa madeira moi gastada, aínda que o propietario José Baleirón foi arranxándoa ó longo dos anos, así como a propia pedra, que está a escachar. Apenas tivo reparacións nas tellas e na madeira. Recoméndase encarecidamente a súa restauración, por ser dos exemplares máis antigos localizados no concello.
Propiedade: José Baleirón Pérez; os fillos de Manuel e José Pérez Romero; Manuela Pérez Romero e Ramona Susavila Pérez.
Historia:
Di un dos seus propietarios que tería máis de cen anos seguro, e que quizais ande preto dos douscentos. Realmente a factura é moi primitiva e ruda. Sería o máis antigo da aldea e dos máis antigos do concello. Xa lle quixeron comprar e roubar a cruz en varias ocasións.
Horreo de Revixós
Estado de conservación: Malo, con partes en cemento e ladrillo.
Propiedade: Privada, actualmente de Josefa Baleirón González. Antigamente era de varios propietarios.
Historia:
A actual propietaria non sabía concretar a súa antigüidade, pero cree que tería máis de cen anos.