Horreo de Lestrobe
Estado de conservación: atópase en bo estado xa que foi restaurado.
Propiedade: privada, está nunha finca pechada, pero non puidemos localizar ó propietario nin a ningún veciño que nos dixera o nome do dono.
Historia:
non podemos saber a súa cronoloxía ó non poder falar co propietario, aínda que pola tipoloxía puidera ter certa antigüidade, de principios do século XX.
Horreo de Lestrobe
Estado de conservación: En bastante bo estado de conservación aínda que abandonado. Recomendaríase a súa restauración e o acondicionamento do entorno.
Propiedade: privada, ten dous propietarios: dous claros (o da parte da fronte e o do medio) de Gerardo Senén, e o resto dos fillos de Juan José Boja.
Historia:
segundo os veciños, tería máis de cen anos.
Horreo de Lestrobe
Estado de conservación: En bastante bo estado de conservación aínda que abandonado, coa madeira e a cubrición gastadas. Recomendaríase a súa restauración e o acondicionamento do entorno.
Propiedade: privada, dos fillos de Francisco Suárez.
Historia:
segundo os veciños, tería máis de cen anos.
Horreo de Lestrobe
Estado de conservación: regular, a madeira está en moi mal estado. Recomendaríase a súa restauración e o acondicionamento do entorno.
Propiedade: privada, de Lola Carlés.
Historia:
segundo os veciños, tería máis de cen anos.
Horreo de Lestrobe
Estado de conservación: en bastante bo estado, aínda que a madeira está bastante gastada.
Propiedade: privada, ten dous propietarios: un claro (o N) é de Mª Luísa do Pazo, e os outros dous claros son de Manuel Castro (o traseiro e o do medio).
Historia:
A dona non cre que chegue ós cen anos, aínda que por tipoloxía si que parece antigo. Podería datarse a comezos do século XX
Horreo de Lestrobe
Estado de conservación: malo, moi abandonado, coa madeira en moi mal estado.
Propiedade: privada, de Nieves “A Xiralda”.
Historia:
A dona non cre que chegue ós cen anos, aínda que por tipoloxía si que parece antigo. Dataría de principios do século XX.
Horreo de Lestrobe
Estado de conservación: malo, moi abandonado, coa madeira en moi mal estado. Recoméndase a súa restauración e o acondicionamento do entorno.
Propiedade: privada, de dous propietario: José Ramos (claro e medio) e Gerardo Fernández “O Xarán” (o resto).
Historia:
segundo unha veciña si tería máis de cen anos.
Horreo de Lestrobe
Estado de conservación: bastante bo, foi restaurado.
Propiedade: privada, de Ramón Blanco Cortés.
Historia:
os veciños din que tería máis de cen anos.
Horreo de Lestrobe
Estado de conservación: malo, moi abandonado, a madeira está moi mal conservada. Recoméndase restauración.
Propiedade: privada, de dous propietarios: Maruja Gil e Ángeles Méndez.
Historia:
os veciños din que tería máis de cen anos. Certamente parece ser moi antigo.
Horreo de Lestrobe
Estado de conservación: os veciños din que tería máis de cen anos. Certamente parece ser moi antigo.
Propiedade: privada, de Ramón Blanco Cortés.
Historia:
os veciños din que ten moita antigüidade, aínda que non precisaron máis.
Horreo de Lestrobe
Estado de conservación: regular, o teito está en mal estado, hai un tempo foi obxecto dunha pequena reforma. A madeira está, igualmente moi deteriorada, sendo preciso mudala. Recoméndase restauración.
Propiedade: privada, de Elena Méndez (As Piruchas).
Historia:
a dona non tiña dispoñible a documentación. Fai anos intentaron pedir unha subvención para arranxalo, pero denegáronlla por falta de fondos. Parece antigo, de máis de cen anos.
Horreo de Lestrobe
Estado de conservación: bastante bo, coa madeira algo gastada. Recoméndase restauración.
Propiedade: privada, ten varios propietarios: a metade é de Jorge Pérez Fariña (da Casa O Piñón) e a outra metade é de Teresa Cardama (vive en Noia).
Historia:
os veciños comentaron que debía ter certa antigüidade. O propietario (Jorge Pérez Fariña) asegurou que tiña máis de cen anos. Tipolóxicamente parece ter máis de cen anos.
Horreo de Lestrobe
Estado de conservación: atópanse en bastante bo estado.
Propiedade: privada, de José Fragua (“O Paliquero”), veciño de Lestrobe.
Historia:
non conseguimos averiguar a cronoloxía do hórreo, aínda que a tipoloxía e os propias veciños lle outorgan unha considerables antigüidade (tería máis de cen anos).
Horreo de Lestrobe
Estado de conservación: atópanse en bastante bó estado.
Propiedade: privada, de José Abelleira Torres, veciño de Lestrobe, cunha vivenda no entorno da Eira.
Historia:
non conseguimos averiguar a cronoloxía do hórreo, aínda que a tipoloxía e os propias veciños lle outorgan unha considerables antigüidade (tería máis de cen anos).
Horreo de Lestrobe
Estado de conservación: regular, a madeira está en malas condicións
Propiedade: privada, de Manuel Simón Diz.
Historia:
o propietario non sabe a súa cronoloxía nin posúe documentación que a determine. Sen embargo, pola súa tipoloxía poderíase pensar nunha certa antigüidade para este hórreo, quizais de principios do século XX.
Horreo de Lestrobe
Estado de conservación: moi malo, en estado absoluto de abandono e ruinoso.
Propiedade: privada, aínda que se descoñece o nome do propietario actual. Os veciños interrogados dixeron que é dun veciño que actualmente vive en Santiago de Compostela. Parece que ten varias denuncias do Concello para que limpe esta finca, que está absolutamente descoidada e abandonada. Así mesmo, a casa á que pertence o hórreo está en estado ruinoso.
Historia:
descoñecemos a cronoloxía deste hórreo, pero pola súa tipoloxía poderíase pensar nunha certa antigüidade do mesmo.
Horreo de Lestrobe
Estado de conservación: moi bo, restaurado polo propietario hai uns anos.
Propiedade: privada, de Jorge Pérez Fariña.
Historia:
o propietario di que ten máis de cen anos, aínda que non ten documentación
Horreo de Lestrobe
Estado de conservación: malo, con materiais de construción modernos (uralita e ladrillo), sen remates e coa madeira en mal estado.
Propiedade: privada, de Ramón Mariño Ares.
Historia:
din os propietarios que sería máis ou menos da mesma época que o hórreo 2 de Lestrobe (por tanto, andaría polos cen anos).
Horreo de Lestrobe
Estado de conservación: bastante malo, con partes en ladrillo, a madeira en mal estado e cunha construción moderna de ladrillo adosada ó Norte.
Propiedade: privada, de Pilar Sara Torres Lestido.
Historia:
di a propietaria que sería moi antigo, aínda que non puido especificar canto. Dataría de principios do século XX.
Horreo de Lestrobe
Estado de conservación: malo, parte da madeira está en malas condicións e ten partes restauradas con cemento, así como unha cubrición de uralita.
Propiedade: privada, de Javier Castro Tourís.
Historia:
comentan os veciños que debe ser antigo, como a casa (máis de cen anos).
Horreo de Lestrobe
Estado de conservación: moi bo, recentemente restaurado polos propietarios.
Propiedade: privada, de Ernesto Fernández Susavila.
Historia:
din os propietarios que é un hórreo antigo, como a casa, que era dos seus bisavós. De máis de cen anos.
Horreo de Lestrobe
Estado de conservación: regular, a madeira foi restaurada hai poucos anos polos propietarios, e presenta partes con cemento. O entorno está moi alterado, xa que ó NW foron construídos galpóns de cemento, ladrillo e uralita.
Propiedade: privada, de Esclavitud Angueira.
Historia:
ten máis de 100 anos, xa existía cando a dona era unha nena.
Horreo de Lestrobe
Estado de conservación: bo, restaurado hai uns anos.
Propiedade: privada, de Josefa Vigo Garabal.
Historia:
un veciño dixo que debe ser moi antigo, aínda que non se puido precisar canto. Dataría de comezos do século XX.
Horreo de Lestrobe
Estado de conservación: moi bo, debeu ser restaurado recentemente.
Propiedade: privada, pertence a Casa O Piñón. Nos se conseguiu falar co propietario, descoñecemos o nome.
Historia:
Supónselle a mesma antigüidade que a casa (finais do século XIX).
Horreo de Lestrobe
Estado de conservación: atópase moi modificado con respecto á súa construción orixinal, introducíndose materiais construtivos alleos á tradición construtiva popular, como son os ladrillo e o cemento. Inclúese neste inventario por formar parte do conxunto histórico da Eira dos Hórreos de Lestrobe.
Propiedade: privada, de Manuel Boga Antelo, veciño de Lestrobe, con vivenda no entorno da propia Eira dos Hórreos.
Historia:
comentounos a muller do propietario que este hórreo era antigamente dunhas velliñas que vivían nunha pequena casa de pedra situada ó NW da Eira dos Hórreos. Orixinalmente tiña dous claros e era de madeira, pero caeu e as velliñas o arranxaron, quitando un claro e facendo as escaleiras. Posteriormente pasou a mans da nai do actual propietario. Debía ser moi antigo pero actualmente xa nada queda da súa forma orixinal.
Horreo de Lestrobe
Estado de conservación: en xeral bastante bó, quitando a parte superior de cemento dos penais que lle meteu o propietario para gañar en altura.
Propiedade: privada, de Manuel Ramos, veciño de Lestrobe, con vivenda no entorno da propia Eira dos Hórreos.
Historia:
Di unha veciña que cando viñeron hai uns anos da Xunta a arranxar os hórreos 14.4 e 14.6 da Eira non chegaron a un acordo co propietario para restaurar este hórreo por ter unha parte engadida de cemento.
Horreo de Lestrobe
Estado de conservación: bastante modificado, co corpo de cemento.
Propiedade: privada, de Hortensia Janeiro, veciña de Lestrobe, con vivenda no entorno da propia Eira dos Hórreos.
Historia:
este hórreo foi herdado pola actual propietaria dos seu pais en 1998. As partes de cemento parece que foron obra dunha remodelación feita polos avós da propietaria.
Horreo de Lestrobe
Estado de conservación: moi bo, xa que foi restaurado hai uns anos pola Xunta de Galicia.
Propiedade: privada, de María Rosa Ramos e Manuel Ramos, veciños de Lestrobe.
Historia:
o propietario non puido concretar a cronoloxía do hórreo, pero sempre lle acorda aí, debe ter máis de cen anos.
Horreo de Lestrobe
Estado de conservación: moi malo, só conserva a repisa de cachotería de granito. Inclúese neste inventario por formar parte orixinalmente do conxunto histórico da Eira dos Hórreos de Lestrobe.
Propiedade: privada, de Hortensia Janeiro, veciña de Lestrobe, con vivenda no entorno da propia Eira dos Hórreos.
Historia:
A actual propietaria comprou o lugar de implantación en 1992 a Camilo Seoane Framil. No documento de compra sinálase que é un “hórreo de entrojar maíz de dos claros o estallos en mal estado de conservación, enclavado en el punto denominado Eira dos Pastillos”.
Horreo de Lestrobe
Estado de conservación: bo, restaurado hai uns anos pola Xunta de Galicia.
Propiedade: privada, de Hortensia Janeiro, veciña de Lestrobe, con vivenda no entorno da propia Eira dos Hórreos e propietaria tamén dos hórreos nº 14.3 e 14.5.
Historia:
comprouno Hortensia Janeiro e o seu marido José Castro Castro en 1976 a Enrique Boga Mosquera.
Horreo de Lestrobe
Estado de conservación: atópanse en diferentes estados, sendo os máis salientables en canto conservación os números 14.2 e 14.4. Recomendaríase o acondicionamento do entorno dos hórreos e da propia eira, moi descoidada.
Propiedade: Pertencen a diferentes veciños de Lestrobe, especificándose o seu nome na ficha correspondente a cada un dos hórreos que conforman a Eira.
Historia:
Parece que orixinalmente constaba esta eira de sete hórreos, conservándose actualmente 5. Un deles, o máis grande (tres claros) foi desmantelado para facer unha garaxe privada de cemento e ladrillo, e estaría localizado no ángulo NE da Eira. O outro (nº 14.5) tan só conserva o seu emprazamento, sendo visible restos correspondentes á repisa onde asentaba o hórreo.