RELOXO DE SOL DE BEXO,
NO HÓRREO 4 (DOS OUTEIROS)
Lugar: Bexo
Denominación: RELOXO DE SOL DE BEXO, NO HÓRREO 4 (DOS OUTEIROS).
Historia:
Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, dataría de 1856, segundo reza no frontispicio do hórreo, aínda que nos non conseguimos distinguir a data.
RELOXO DE SOL DE BUSTELO 1
Lugar: Bustelo
Denominación: RELOXO DE SOL DE BUSTELO 1.
Historia:
Segundo a ficha do Patrimonio, dataría de finais do século XIX. Parece que foi nese século cando este tipo de construcións tiveron máis auxe.
RELOXO DE SOL DE BUSTELO 2
Lugar: Bustelo
Denominación: RELOXO DE SOL DE BUSTELO 2.
Historia:
Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, data do ano 1880, segundo a inscrición visible no hórreo.
RELOXO DE SOL 1 DE CASTRO,
NA CASA DA BEXA
Lugar: Castro
Denominación: RELOXO DA BEXA
Historia:
O reloxo data de 1859, fecha de construción da propiedade, tal e como se pode ler na portada da entrada á finca. A Casa da Bexa foi de grande relevancia económica, como se demostra neste magnífico exemplar de reloxo cúbico, signo de ostentación e riqueza.
RELOXO DE SOL 2 DE CASTRO,
NO HÓRREO 2 (DA CASAVELLA)
Lugar: Castro
Denominación: RELOXO DA CASAVELLA
Historia:
Do ano 1869, segundo reza no frontispicio do hórreo.
RELOXO DE SOL DE IMO 1,
NO HÓRREO DE CABANAS
Lugar: Imo
Denominación: RELOXO DE SOL DE IMO 1, NO HÓRREO DE CABANAS
Historia:
segundo a ficha de Patrimonio, dataría do ano de 1758, sendo o exemplar máis antigo da parroquia. Construído polos mesmos canteiros que construíron a igrexa parroquial. parece que a sinxeleza de liñas e a ausencia de decoración o emparenta cunha moi antiga escola de canteiros que tivo como núcleo de espallamento Boiro.
RELOXO DE SOL DE IMO 2,
NA CASA DE AGUIRRE
Lugar: Imo
Denominación: RELOXO DE SOL DE IMO 2, NA CASA DE AGUIRRE
Historia:
Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, parece que sería obra do ano 1758 (construción da Casa de Aguirre).
RELOXO DE SOL DE TEAIO 1
(NO HÓRREO 4, DE CARCACÍO)
Lugar: Teaio
Denominación: RELOXO DE SOL DE TEAIO 1 (NO HÓRREO 4, DE CARCACÍO)
Historia:
Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, no frontispicio do hórreo é visible a data de 1869.
RELOXO DE SOL DE TEAIO 2
(CASA DE MANOLO GARRIDO RIAL)
Lugar: Teaio
Denominación: RELOXO DE SOL DE TEAIO 2 (CASA DE MANOLO GARRIDO RIAL)
Historia:
Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, parece ser de principios do século XIX. A casa e horta na que se atopa indica a existencia dunha fidalguía rural de certo empaque. Este é o segundo exemplo de reloxo de sol nunha portada de entrada a unha propiedade atopado no concello, o outro exemplo é o de Tallós.