Ermida de San Mauro (ou San Amaro) e Nosa Señora de Belén

Lugar Bexo
Parroquia San Xoán de Laíño
Construción Século XVII
Imaxe da capela

Descrición

É de planta cuadrangular con ábsida cadrada na cabeceira e muros de cachotería, cunha bóveda de canón interior rebaixada. Cuberta a dúas augas con acabado en tella camba. Ten tribuna no interior. A fachada principal só ten unha porta sinxela, tendo outra porta nun lateral.

Carece de calquera clase de ornamentación, presentando unha sinxela espadana rematada en cruz, na que pendura unha pequena campá. Ten dúas valiosas imaxes pétreas no seu interior, de San Pedro e de Nosa Señora de Belén. Medidas: 10,20 m. De largo e 6,35 m. De ancho (segundo AV San Xoán).

Debeu sufrir importantes modificacións na súa estrutura, figurando documentalmente unha reparación importante na década dos anos vinte. No verán de 1992 fíxose a última reparación: lavouse e encintouse a pedra e lle renovaron o tellado, colocado sobre trabes de formigón armado, incorporando como novidade un pequeno desnivel, dando a impresión, dende o exterior, de ser unha ermida con dous corpos diferenciados. As reformas tamén lle afectaron ó interior, co repintado das paredes o reforzo da tribuna cunha trabe de formigón.

Fontes:

Concello de Rois, Wikipedia, obaixoulla.gal, Patrimoniogalego.net