Horreo de Vigo
Estado de conservación: malo, abandonado. A cubrición e a madeira están en mal estado de conservación. Recoméndase restauración.
Propiedade: privada, de tres propietarios: o matrimonio formado por María Citoula Baleirón e Guillermo Torres, e Carmen Torres (claro Norte).
Historia:
a filla dunha das actuais propietarias di que debe ser antigo, aínda que non pode precisar a cronoloxía exacta. A súa aboa recorda o hórreo cheo de millo ata arriba. Hai uns anos o quixeron arranxar, pero por problemas técnicos non o puideron facer. Dataría de finais do século XIX ou comezos do XX.
Horreo de Vigo
Estado de conservación: regular, non conserva a cubrición nin os remates.
Propiedade: privada, de Carmen Torres.
Historia:
a propietaria non nos soubo precisar a cronoloxía deste hórreo, pero coida que é antigo, aínda que non tanto como o hórreo 1 de Vigo, que está ó outro lado da pista.
Horreo de Vigo
Estado de conservación: regular, a cubrición e a madeira está en mal estado. Aínda o usan para gardar o millo.
Propiedade: privada, de Santiago Calvo Pérez.
Historia:
di o propietario que o fixeron os seus bisavós. Tería, pois uns cen anos.
Horreo de Vigo
Estado de conservación: malo, abandonado e cuberto de vexetación. A parte inferior (repisa e gabinetes) están feitos en cemento e ladrillo.
Propiedade: privada, de Xurxo Piñeiro Tobío.
Historia:
o propietario non foi capaz de precisar a antigüidade deste hórreo. Debido ó seu tamaño e á existencia de dúas portas laterais, lévanos a pensar que orixinariamente este hórreo tiña máis propietarios, como mínimo dous.
Horreo de Vigo
Estado de conservación: o propietario non foi capaz de precisar a antigüidade deste hórreo. Debido ó seu tamaño e á existencia de dúas portas laterais, lévanos a pensar que orixinariamente este hórreo tiña máis propietarios, como mínimo dous.
Propiedade: privada, de dous propietarios: unha é Carmen Magariños (claro do Norte); do outro propietario descoñecemos o nome, parece que lle comprou a casa coa súa parte do hórreo a Rosa Manselle, antiga propietaria.
Historia:
a propietaria asegura que é moi antigo, sendo o máis ou dos máis antigos da aldea de Vigo, aínda que non puido precisar máis sobre a súa cronoloxía. Parece que veu do Araño, tróuxoo un veciño dende alá debido a que tiña dúas fillas casadas en Vigo, sendo un claro para cada unha. Tería máis de cen anos.
Horreo de Vigo
Estado de conservación: bastante malo, a pedra está a partir (o que indica a súa antigüidade), non conserva a cubrición nin a cruz e a madeira está en mal estado. Recoméndase a súa restauración.
Propiedade: privada, de dous propietarios: Ventura Romero e Paulina Boga.
Historia:
di o propietario que é moi antigo, máis de cen anos. A factura ruda que presenta corroboraría esta afirmación.
Horreo de Vigo
Estado de conservación: regular, fáltalle a madeira dun claro e os gabinetes están pechados con ladrillo. Precisaríase cambiar a madeira e a cubrición. Recoméndase restauración.
Propiedade: privada, de dous propietarios: tres claros son de María Eulalia Romero Mariño, e o claro Sur é dos herdeiros de José Grela.
Historia:
o propietario di que é moi antigo, máis de cen anos.
Horreo de Vigo
Estado de conservación: malo, moi alterado con elementos de construción moderno (ladrillo) en vez da madeira. Na parte traseira, a escasos centímetros, hai un galpón de cemento.
Propiedade: privada, de José Lampón Pérez.
Historia:
pola estrutura parece antigo, aínda que actualmente ten os claros pechados con ladrillo.
Horreo de Vigo
Estado de conservación: bastante bo, unicamente as madeiras están en peor estado.
Propiedade: privada, pertence a Luisa e Ramiro Torres.
Historia:
é un hórreo antigo, como a casa, vivenda tradicional, do século XIX. No fronte do hórreo pon a data, pero actualmente é ilexible.
Horreo de Vigo
Estado de conservación: regular, non conserva a cubrición nin os remates, e introduce materiais de construción modernos, como o ladrillo ou o cemento.
Propiedade: privada, de dous propietarios: Manuel Boga Pérez e Paulina Boga Blanco.
Historia:
os propietarios non nos puideron concretar a cronoloxía deste hórreo, pero din que é antigo. A súa tipoloxía tamén permite pensar nunha certa antigüidade para este hórreo.
Horreo de Vigo
Estado de conservación: regular, restaurado hai poucos anos polos propietarios. Introduce materiais de construción modernos, como o ladrillo e o cemento.
Propiedade: privada, de Rosa María Pérez Pérez.
Historia:
día a propietaria que debe ser antigo, que lle acorda toda a vida alí.
Horreo de Vigo
Estado de conservación: malo, non conserva a cubrición nin a madeira, introducindo materiais de construción modernos (ladrillo e cemento). Así mesmo, localízase inmerso entre construcións modernas de cemento e ladrillo.
Propiedade: privada, de Juan Pérez Tourís.
Historia:
o avó do propietario comprou esta casa xa co hórreo, pero reformouno, substituíu os balaústres de madeira dos claros por ladrillo.
Horreo de Vigo
Estado de conservación: regular, non conserva os soportes nin a cubrición, introducindo materias de construción modernos (como o cemento). A madeira está en bastante mal estado de conservación. Recoméndase a súa restauración.
Propiedade: privada, de Martín Buján. Trátase dun matrimonio novo que comprou recentemente a casa á que pertence este hórreo.
Historia:
unha familiar dos antigos propietarios (duns 70 anos) díxonos que este hórreo é moi antigo, que era dos seus bisavós, sendo estes unha familia de moito diñeiro (di que “contaban as onzas de ouro por ferrados”). A factura do van da porta no penal frontal e a decoración insculpida no pinche, indícanos que este hórreo foi feito por unha familia moi podente. Tería máis de cen anos.
Horreo de Vigo
Estado de conservación: malo, a madeira está en moi mal estado e os soportes de pedra apenas se conservan, refeitos en ladrillos. Recoméndase a súa restauración.
Propiedade: privada, de José González Collazo (“ O Telleiro”), de Padrón.
Historia:
parece bastante antigo, de moi boa factura. De finais do século XIX ou comezos do XX.
Horreo de Vigo
Estado de conservación: moi bo, foi restaurado nos anos oitenta polos anteriores propietarios.
Propiedade: privada, de José Boullón Pérez.
Historia:
no frontispicio pon a data de construción: 1874.
Horreo de Vigo
Estado de conservación: moi malo, en absoluto estado de abandono e ruína, así como a finca na que se insire. Apenas conserva a madeira e a cubrición practicamente desapareceu. Totalmente cuberto de vexetación.
Propiedade: privada, de Dolores Romero Morales, actualmente residente en Francia.
Historia:
ningún veciño dos consultados nos soubo concretar a antigüidade deste hórreo. A súa feitura en madeira, agás os soportes e a cimentación, lévanos a pensar nunha certa antigüidade.
Horreo de Vigo
Estado de conservación: moi malo, en absoluto estado de abandono e ruína. A madeira está en moi mal estado, así como a cubrición. A finca e a casa á que pertence teñen igualmente aspecto de abandono.
Propiedade: privada, de Vicente González Catoira.
Historia:
os veciños consultados non conseguiron concretar a cronoloxía deste hórreo, aínda que a súa feitura en madeira, como no caso anterior, lévanos a pensar nunha certa antigüidade para o mesmo. Dataría de comezos do século XX.