Hórreo de Pexegueiro
Estado de conservación: bo, madeira e cubrición restauradas polos propietarios.
Propiedade: privada, de Lucía Tourís.
Historia:
a propietaria día que tería máis de cen anos, que a súa nai, de 82 anos, xa non lle acorda de facer.
Hórreo de Pexegueiro
Estado de conservación: malo, non conserva a madeira, sendo substituída por ladrillos. E a cubrición foi restaurada polos propietarios, introducindo uralita, actualmente con algo de vexetación.
Propiedade: privada, de Ramona Calvo Bustelo.
Historia:
di a propietaria que debe ser antigo, que a súa nai, que morreu con oitenta e nove anos, comprou a casa (vivenda tradicional ) xa co hórreo.
Hórreo de Pexegueiro
Estado de conservación: malo, a madeira e a cubrición atópanse en moi estado, non conserva a cruz do remate e a pedra habería que limpala, así como o entorno. Recomendase restauración.
Propiedade: privada, de Aurora Fabeiro.
Historia:
a propietaria di que é antigo, máis de cen anos, que sempre lle acorda alí. A factura é algo ruda, pudendo ter, efectivamente, certa antigüidade.
Hórreo de Pexegueiro
Estado de conservación: malo, a madeira está en moi malas condicións, así como a cubrición.
Propiedade: privada, de Víctor Vigo Bustelo (vive en Padrón actualmente).
Historia:
di un veciño que é moi antigo, que tería bastante máis de cen anos.
Hórreo de Pexegueiro
Estado de conservación: malo, a madeira está en bastante mal estado, así como a cubrición, mentres que a pedra está cuberta de musgo e líquen. Recoméndase a súa restauración.
Propiedade: privada, de Asunción Romero Calvo.
Historia:
díxonos o fillo da propietaria que é moi antigo, que lle acorda toda a vida, e á súa nai tamén. Máis de cen anos.
Hórreo de Pexegueiro
Estado de conservación: moi malo, a madeira está en moi mal estado, faltando nalgúns tramos, así como a cubrición, que non se conserva enteira. Dous claros e medio están totalmente desmontados. Recoméndase a súa restauración.
Propiedade: privada, de varios propietarios: a metade do claro Sur é dos irmáns Somoza Abuín (actualmente viven en Rois e Pazos, respectivamente); a segunda metade do claro ata a porta é de José Conde Romero; o seguinte claro é de Asunción Romero Calvo; a metade do seguinte claro (desmontado actualmente) é de José Conde Romero e a outra metade de Delia Bustelo Torrado (veciña de Buxán); o claro e medio seguintes é de María Teresa Otero Río; e o medio claro que queda no Norte (tamén desmontado actualmente) é dos herdeiros de Manuel Bustelo Pérez (viven
actualmente en Bilbao).
Historia:
di un veciño que debe ser o máis antigo da aldea, de máis de cen anos seguro.