Hórreo de Eiró
Estado de conservación: regular, coa madeira en mal estado e a cubrición con algo de vexetación.
Propiedade: privada, de Mario Tarrío Rodríguez.
Historia:
os veciños consultados non nos souberon concretar a antigüidade deste hórreo, aínda que pensan
que pode ser antigo, que o lembran aí toda a vida.
Hórreo de Eiró
Estado de conservación: regular, a madeira e a cubrición precisan de arranxos.
Propiedade: privada, de Carmen Rodríguez Reboiras.
Historia:
os veciños consultados non nos souberon concretar a antigüidade, pero lles acorda o hórreo toda a vida.
Hórreo de Eiró
Estado de conservación: malo, está abandonado. A madeira e a cubrición están en moi mal estado, e o hórreo está empezando a estar cuberto de vexetación.
Propiedade: privada, de Gumersinda Tourís.
Historia:
os veciños consultados non nos souberon concretar a antigüidade, pero lles acorda o hórreo toda a vida.
Hórreo de Eiró
Estado de conservación: moi malo, en estado de abandono e ruinoso. Non conserva as madeiras nin a cubrición.
Propiedade: privada, de Carmen Ferro.
Historia:
os veciños creen que ten moita antigüidade, máis de cen anos.
Hórreo de Eiró
Estado de conservación: regular, xa que aínda que restaurado polos propietarios, ten outras estruturas de cemento adosadas.
Propiedade: privada, de Amadeo Silva.
Historia:
din os propietarios que non saben con certeza a antigüidade deste hórreo pero que podería ter máis de cen anos. Polo tipo de remates parece máis ben ter algo menos (setenta ou sesenta anos).
Hórreo de Eiró
Estado de conservación: moi malo, en estado de abandono e ruinoso. Non conserva apenas as madeiras, e as que mantén están en moi malas condicións. A cubrición tamén está en pésimo estado. En parte cuberto por vexetación. Recoméndase restauración.
Propiedade: privada, da familia de Fernando Vila Brión.
Historia:
os veciños creen que ten moita antigüidade, máis de cen anos.
Hórreo de Eiró
Estado de conservación: moi malo, en absoluto estado de abandono e ruinoso. Apenas conserva un penal co seu pinche, a cimentación en forma de repisa co arco de medio punto e as escadas para acceder ó interior do hórreo. Cuberto de vexetación. Recoméndase encarecidamente a súa restauración.
Propiedade: privada, de dous propietarios: Aurelio Abuín Somoza e Carmen Ferro.
Historia:
unha veciña nos dixo que era moi antigo, que debía ter máis de cen anos.