Hórreo de Reboiras
Estado de conservación: moi malo, en absoluto estado ruinoso, conservando tan só un claro (o Norte) en pé dos tres que tería orixinalmente. A metade Oeste está totalmente arruinada e cuberta de vexetación. Non conserva nin a madeira (o único claro en pé está pechado con ladrillo) nin a cubrición (de uralita o único tramo que se mantén). Tan só conserva o penal dianteiro. Ademais, a propia Eira da Malla está atravesada actualmente por unha pista asfaltada. Recoméndase encarecidamente a súa restauración.
Propiedade: privada, de tres propietarios: Milagros Rodríguez (”do Outeiro”) ten a propiedade do claro do Norte; Teresa Ferro ten a do claro do medio, e o herdeiros da familia Queiruga a do claro Sur.
Historia:
os veciños consultados aseguran que ten moita antigüidade, máis de cen anos seguro. Unha veciña coméntanos que aínda lle acorda cando tiña madeira nos claros, e que haberá máis de 30 anos que está en ruínas. Esta mesma muller acórdase de xogar de cativa a esconderse entre este e os outros hórreos da Eira. Orixinalmente, había nesta Eira máis hórreos, en total seis, pero tres deles están actualmente desmontados, quedando á vista tan só os soportes. Estes restos pertencen a Josefa Reboiras González (na entrada Norte da Eira); a Isaura Rodríguez (parte do hórreo é doutro propietario, ó lado do hórreo 3 de Reboiras); e de Dina Morales (propietaria de parte do hórreo, ó lado do hórreo 2 de Reboiras). Así mesmo, a mesma veciña comentounos que había antigamente na Eira, no cuadrante NW, un hórreo de vimbio o que lle chamaban “a cabana”, de planta circular e cos tornarratos de pedra circulares, pero que actualmente xa non se conserva.
Hórreo de Reboiras
Estado de conservación: malo, os poucos elementos que conserva en madeira están en mal estado, así como a cubrición, introducindo ladrillo para pechar os claros.
Propiedade: privada, de dous propietarios: Dina Morales e Fina Trillo Morales.
Historia:
di unha veciña que é moi antigo, máis de cen anos.
Hórreo de Reboiras
Estado de conservación: bo, restaurado polos propietarios, os cales o renovaron a madeira e a cubrición.
Propiedade: privada, de Isaura Rodríguez.
Historia:
parece que tería uns setenta anos, pero o incluímos no estudio ó formar parte do conxunto da Eira da Malla.
Hórreo de Reboiras
Estado de conservación: malo, non conserva a madeira, sendo substituída por ladrillo, e a cubrición foi renovada, introducindo uralita. A porta lateral é nova (de chapa de madeira), e presenta unha das columnas que a enmarca de cemento. A pedra está manchada con musgos e líquenes.
Propiedade: privada, de Josefa Reboiras Vicente.
Historia:
unha veciña díxonos que andará polos cen anos, que a súa nai, que morreu hai uns quince anos con máis de oitenta, xa lle acordaba de facer o hórreo cando era moi pequena.
Hórreo de Reboiras
Estado de conservación: malo, a madeira e a cubrición están en moi mal estado, faltando parte do peche de madeira en dous claros no lateral Oeste, e parte da cubrición, sendo substituída por uralita. Recoméndase encarecidamente a súa restauración.
Propiedade: privada, de dous propietarios: Elvira Reboiras e Carmen Bustelo.
Historia:
di unha das súas propietarias que é moi antigo, máis de cen anos.
Hórreo de Reboiras
Estado de conservación: moi malo, en estado absolutamente ruinoso. Non conserva a madeira nin a cubrición, deixando ver o esqueleto de pedra, con arcos pétreos para a suxeición da cubrición. Recoméndase encarecidamente a súa restauración.
Propiedade: privada, de Jaime Rodríguez.
Historia:
segundo o propietario é moi antigo, xa que el ten 82 anos e xa o recorda sempre. Por factura
parece, efectivamente, moi antigo.
Hórreo de Reboiras
Estado de conservación: malo, a madeira e a cubrición atópanse en bastante mal estado. Como o hórreo 5 e 6, recoméndase restaurar este exemplar, co fin de facer un conxunto de tres hórreos de gran fermosura.
Propiedade: privada, de dous propietarios: Jaime Rodríguez e José Reboiras.
Historia:
un dos seus propietarios di que é moi antigo, de máis de cen anos, aínda que non sabe exactamente cal é a súa antigüidade.