Horreo de Rial de Lagoa
Estado de conservación: regular, coa madeira en mal estado. Sería preciso limpar a pedra e a cubrición, cubertos por musgos e líquenes, e cambiar a madeira.
Propiedade: privada, de Marina Muñiz González.
Historia:
No pinche frontal é visible, aínda que algo gastada, a inscrición “Año 1841”. Di a actual propietaria que era do seu avó, que llo deixou ó seu pai, e deste pasou a ela. Parece que o cambiaron de sitio, desprazándoo uns metros ata a súa localización actual, estando orixinariamente no lateral da casa á que pertence.
Horreo de Rial de Lagoa
Estado de conservación: malo, coa madeira en mal estado e introducindo materiais de construción modernos, como ladrillos, cemento e malla metálica nos gabinetes e uralita na cubrición.
Propiedade: privada, de dous propietarios: Sara Reboiras Rey e Carmen Rey Reboiras.
Historia:
di unha veciña que se trata dun hórreo antigo, que se herdou dos avós das actuais propietarias. Sería, como no caso do hórreo 1, de mediados do século XIX.
Horreo de Rial de Lagoa
Estado de conservación: malo, a madeira e a cubrición están en mal estado, e sería preciso limpar a pedra, a repisa e o entorno.
Propiedade: privada, de Rosa González.
Historia:
parece que tamén é moi antigo, de máis de cen anos. Aínda se garda millo nel.
Horreo de Rial de Lagoa
Estado de conservación: malo. A madeira está en bastante mal estado. Non conserva a cubrición, sendo a actual de uralita. Habería que limpar a pedra e o entorno. Recoméndase encarecidamente a súa rehabilitación, xunto co hórreo 5, situado na mesma finca a escasos metros.
Propiedade: privada, de varios propietarios: de Delfina Josefa Rivas Rivas (viuda de Manuel Rodríguez Deza), os dous claros do Sur; e de Carmen Rey, o claro do Norte.
Historia:
de mediados do século XIX. Fíxoo Don Juan Jabino Loureiro, bisavó de Manuel Rodríguez Deza e antigo alcalde de Dodro, entre 1840 e 1860. A viuva di que hai papeis que acreditan a súa antigüidade. Así mesmo comenta que a data está inscrita no propio hórreo, aínda que actualmente non se ve. Parece que este hórreo foi feito en imitación do hórreo 5.
Horreo de Rial de Lagoa
Estado de conservación: moi malo. Apenas conserva a madeira e a cubrición. Habería que limpar a pedra e o entorno. Recoméndase encarecidamente a súa rehabilitación, xunto co hórreo 4 de Rial, situado na mesma finca a escasos metros.
Propiedade: privada, de varios propietarios: de Delfina (viuva de Manuel Rodríguez Deza), e dos fillos de Donato Reboiras Rodríguez, o claro Leste.
Historia:
De mediados do século XIX. Fíxoo Don Juan Jabino Loureiro, bisavó de Manuel Rodríguez Deza e antigo alcalde de Dodro, entre 1840 e 1860. A viuva di que hai papeis que acreditan a súa antigüidade. Parece que este sería algo máis antigo que o hórreo 4, e que aquel se fixo en imitación deste.
Horreo de Rial de Lagoa
Estado de conservación: Regular. A madeira e a cubrición foron renovadas polos propietarios. Introduce materiais de construción modernos, como o cemento, o ladrillo e a malla metálica. Faltaríalle un claro, o cal non foi montado cando se trasladou o hórreo de sitio.
Propiedade: privada, de José Vicente Ares Tobío.
Historia:
Di o fillo do propietario que debe ser dos primeiros anos do século XX. Orixinariamente estaba situado no centro da aldea, no interior da propiedade da casa número 28, onde se atopa o reloxo de sol 1 de Rial, propiedade desta mesma familia. Tiña outro claro, o cal facía un lixeiro ángulo con respecto ó resto do hórreo, pero ó trasladalo de lugar non o reconstruíron.