Casa Rectoral
Lugar | Lugar de A Igrexa de Santa María de Dodro |
Construción | Edificación de planta rectangular cun baixo e un primeiro piso |
Características | De cachotería de granito agás nos marcos das portas e ventás, que son de cadeirado de granito. A carpintería é de madeira e a cuberta a dúas augas con tella curva sobre armazón de madeira. Na súa fronte atópase unha construción anexa en ruínas. Destaca na parte posterior que dá á igrexa un pasadizo elevado que comunica ambas edificacións. |
Estado | O seu estado de conservación é bo salvo anexos |
Casa Rectoral
Lugar | Lugar de A Igrexa de San Xián de Laíño |
Construción | Construción de planta rectangular con planta baixa e primeiro piso |
Características | Con muros de cadeirado irregular con carpintería de madeira. Cuberta a catro augas con tella curva sobre armazón de madeira e adornado cunha cheminea na súa vertente norte. Na súa cara leste presenta unha serie de anexos en avanzado estado de deterioro. Completan o conxunto un pombal e un hórreo. |
Estado | Foi restaurado hai poucos anos, sendo empregado como centro de día do concello |
Casa Rectoral
Lugar | Lugar de A Igrexa de San Xoán de Laíño |
Construción | Construción de planta en L cunha planta baixa e un primeiro piso, con muros de cadeirado con escaleiras de acceso no seu lado menor e balconada de cadeirado |
Características | Cuberta a dúas augas con remate de tella curva sobre armazón de madeira. Pegada a unha das súas fachadas, anexos de pedra que, xunto á capela de San Xosé, crean unha pequena praza no centro. |
Estado | En bo estado de conservación |
Casa das Portas
Lugar | Lugar de Traxeito, San Xián de Laíño |
Construción | -- |
Características | Son visíbeis varias figuras representadas en baixorrelevo, entre as que hai unha media lúa e unha vieira. Trataríanse, segundo os estudosos, dos emblemas do escudo do Arcebispo de Santiago Rodrigo de Luna (século XV), que están no seu sartego e no lintel da porta traseira da capela do Santiaguiño do Monte (referencia en Manuel Lorenzo Baleirón) |
Estado | Construción en estado ruinoso |
Casa de Aguirre
Lugar | Lugar de Imo, San Xoán de Laíño |
Construción | Edificio de planta rectangular con planta baixa e un primeiro piso |
Características | Con muros de cachotería irregular, salvo os marcos dos vans que son de perpiaño. A carpintería é de madeira e a cuberta a dúas augas con tella curva sobre armazón de madeira. En bo estado de conservación. Forma parte dun conxunto arquitectónico único, formado por dous hórreos, dous pombais, casa de caseiro, reloxo de sol e outros elementos. A súa construción sitúase a finais do século XVIII. |
Estado | -- |
Casa da Cultura
Lugar | Lugar de Tallós, San Xián de Laíño |
Construción | Foi construída en 1912 pola Unión de Residentes de Dodro en Bos Aires. De planta rectangular, con planta baixa e primeiro piso |
Características | Foi construída en 1912 pola Unión de Residentes de Dodro en Bos Aires. Orixinariamente era unha escola e sede sindical, acollendo á Sociedade de Agricultores das Tres Parroquias de Dodro. Muros de perpiaños de granito e carpintería de madeira. Accedese a ela por medio dunhas escalinatas de pedra |
Estado | -- |
Casa de Brañeiro
Lugar | Lugar de Tarrío, San Xián de Laíño |
Construción | Parece que foi construída entre 1910 e 1920 por tres irmáns, os Brañeiro Rey, emigrantes a Bos Aires. |
Características | -- |
Estado | Actualmente en estado ruinoso. |