Igrexa de San Xián de Laiño

Lugar A Igrexa,San Xián
Construción s. XVIII

Imaxe da igrexa

Descrición

Ten unha nave de planta rectangular, Presenta un campanario barroco integrado por dous corpos, sendo o primeiro de sección cuadrangular, que aloxa unha campá no seu interior e a segunda de sección octogonal, rematada nunha cúpula.

O interior deste templo figura entre os máis belos exemplos de sabia conxunción de arquitectura e escultura da diocese, con tres retablos de gran calidade que ocupan os frontes orientais do presbiterio e os brazos do cruceiro, encargados en 1764 a Francisco Núñez de Boiro. Trátase do Retablo Maior e os laterais da Virxe do Dolores e o Divino Redentor. O Retablo Maior, do que non se ten datos documentais, ten unha grande calidade, facendo pensar en Francisco de Lens como seu autor, tratándose dun dos mellores retablos da zona.

Nunha pedra do muro sur da igrexa figura a data de 1743 que se corresponde con unha definitiva contratación de obras. Parece que a igrexa se remata e 1745.

Fontes:

Concello de Rois, Wikipedia, obaixoulla.gal, Patrimoniogalego.net