Pazo Torre do Monte

Situado na parroquia de Santa María de Iria de Padrón, o pazo Torre do Monte data do século XIV, considerado un dos máis importantes do país, do cal dan fe os versos de Rosalía de Castro, inspirados no edificio.

Está estratéxicamente colocado na ladeira dun bosque de árbores centenarias que forman unha avenida de carballos, castiñeiros, acacias, eucaliptos, etc. e conta cun xardín fronte a fachada posterior ( parterres baixos, mirtos, roseiras, hortensias...), visible desde Padrón. Ademais, este importante pazo conta cunha grande cantidade de viñedos.

A súa estructura está formada por catro corpos de distintas épocas e características. O corpo principal é rectangular, cunha antiga torre nun extremo. Unido a esta, ten un corpo máis baixo que as dependencias auxiliares, fábrica de sillería e cantería de granito.Logo a fachada principal con escalinata barroca con balaústres.

Conta tamén coa Capela de San Miguel, tres escudos, pombal, hórreo, fontes, etc.

Arrincaron as obras de restauración baixo a premisa de respetar fidedignamente os parámetros orixinais dunha casa solariega desas características, por iso hoxe en día é unha propiedade privada e está prohíbido o acceso a este.


Pazo de Arretén

Este pazo atópase entre os máis destacados da historia da literatura galega e española, pois a ilustre escritora Rosalía de Castro pasou nel parte da súa vida. A propiedade foi levantada no século XVI por unha das familias fidalgas máis coñecidas de Galicia, os Bermúdez de Castro.

Como case todas as edificacións señoriais da zona, a súa arquitectura conxuga a estabilidade horizontal que proporciona o granito coa mestría e a lixeireza que creaban os mestres canteiros de Pontevedra. A distribución actual corresponde ao século XVII.

Tamén destaca polos viñedos cos que conta, os cales, producen a uva coa que se elabora o viño Pazo de Arretén da D.O Rías Baixas, subzona do Ulla e o vermú St Petroni.

Ofrece visitas guiadas para o público xeral e tamén para escolares baixo previa reserva.


>Casa-museo de Rosalía de Castro

Casa-Museo da escritora máis ilustre da literatura galega, Rosalía de Castro. No outono de 1947 créase o Patronato Rosalía de Castro, co fin de arranxar a Casa da Matanza, en Padrón, casa na que Rosalía de Castro viviu os derradeiros anos da súa vida. Neste espazo proponse un percorrido polos acontecementos que marcaron a vida e a obra de Rosalía.

Na planta baixa, denominada “O perfil dunha sombra”, o visitante pode apreciar a verdadeira dimensión desta emblemática figura da cultura galega e universal: a súa vida, o entorno que a rodeou e a relación do pobo galego coa figura da escritora. Na primeira planta, denominada “O seu”, proponse unha recreación da casa rural da época, entre labrega e fidalga.

A Casa-Museo de Rosalía vén de modernizar e actualizar, no ano 2015, as súas instalacións, con novos recursos didácticos, novas pezas e material audiovisual que nos permiten comprender mellor a vida e obra de Rosalía de Castro e a súa familia.


Convento do Carme

Data do século XVIII (1737-1744)  O edificio construíuse no primeiro terzo do XVIII, grazas á intervención de Alonso de la Peña e Montenegro, bispo de Quito, quen doou corenta mil duros para a súa fundación. Inaugurouse no ano 1752, pertencendo a súa comunidade relixiosa aos carmelitas descalzos, ata que no século XX pasou a pertencer aos dominicos.

Orixinariamente estivo dedicado a san Xosé, cunha figura do santo no altar maior e outra de pedra, do escultor Felipe de Castro. O edificio consta de tres corpos comunicados no medio cun patio cuadrangular. Os claustros daban entrada aos refectorios da comunidade e dos forasteiros. No medio do comedor atópase a cociña, cunha escaleira imitación da de San Martiño Pinario.