Lugar | Extramundi |
Parroquia | Padrón (Santiago) |
Coordenadas | 42.74973427 / -8.66887854 |
Inauguración | Maio 2003 |
Autor | Camilo Vidal Rodríguez “Camilo Seira” |
Descrición
Homenaxe á figura do ciclista, deporte moi presente en Padrón e na súa comarca, onde se concentran moitos siareiros desta disciplina que adoitan gozar desta actividade xa sexa de feito individual como en equipos participando dos diversos eventos deportivos que ao longo do ano teñen lugar nesta zona.
Do veciño concello de Rois destacamos figura do ciclista Jesús Blanco Villar, gañador da Volta a Galicia (1985) e da Volta a España (1986), entre outros premios.