Cuberta do libro OS SONS DO POBO BANDAS DE MÚSICA NAS TERRAS DE IRIA

OS SONS DO POBO

BANDAS DE MÚSICA NAS TERRAS DE IRIA


Introducción

En toda Galicia, e Padrón non é unha excepción, as bandas de música constitúen unha das manifestacións artísticas máis sobranceiras do noso patrimonio histórico e cultural e da nosa propia identidade como pobo.Valéndose da afección e da paixón particular de centos de padronesas e padroneses por unha linguaxe universal como é a música, desde hai xa máis dun século estas formacións acabaron por converterse en testemuños privilexiados e en convidados preferentes dos actos máis importantes da nosa historia recente.

Nas Terras de Iria, de tan fonda pegada cultural, a música ocupou un lugar destacado como manifestación creativa, estética e emotiva dos silencios, melodías e ritmos instrumentais acompasados. A tradición musical ten unha longa traxectoria, que respondería a unha ampla demanda das clases populares e da burguesía comercial, focalizada na vila de Padrón e na eclesiástica e fabril Iria Flavia, á que temos que engadirlle a Administración Local, que non podía ser allea pola cantidade de actos oficiais e lúdicos que se celebraban ao longo de cada ano.Os músicos das diferentes agrupacións eran persoas do pobo, con inquietudes musicais que alternaban as ocupacións laborais coa afección pola música. Músicos dos diferentes lugares das Terras de Iria: de Dodro, Padrón, Rois, Cesures e Valga, en épocas máis recentes estendeuse o radio de acción a Catoira e Rianxo.


As bandas de música de Lestrobe


O lugar de Lestrobe, no Concello de Dodro, é terra de músicos. A mediados do século XIX nacen varias agrupacións musicais: a Banda de Música dos Silleiro, a Banda de Música de Anxeliño Balado e a Banda de Música do Carrandán. O porqué desta tradición musical nun lugar concreto e nun municipio rural como era o de Dodro, onde a maior parte da súa veciñanza vivía dunha economía agrícola de autoconsumo, cunha forte emigración a América, pode ter varias explicacións: os que non emprenderon o camiño da diáspora foron barbeiros ou músicos; outra das razóns que o poden explicar é unha especial sensibilidade dos lestrobeños polos acordes musicais e o mantemento dunha tradición familiar transmitida de pais a fillos, de xeito que era frecuente que nunha mesma unidade familiar existisen varios músicos.

A Banda de Música do Silleiro (1857-1947)

Jesús Fernández Citoula funda en 1857 unha agrupación musical no lugar de Lestrobe (Dodro) para amenizar os actos festivos que se celebraban nos arredores. A Jesús sucedeuno á fronte da agrupación o seu fillo Ramón Fernández Vigo, que tocaba o bombardino e marchou de polisón nun barco para Cuba. Ao ser descuberto, dixo que era músico e facilitáronlle un trombón co que amenizou a pasaxe. Xa na illa, formou parte da banda militar. Aforrados uns pesos, regresa a Lestrobe1 e ocúpase da dirección da agrupación que fundara seu pai. A Ramón sucedeuno na dirección o seu fillo, Juan Fernández Cela, que tamén tocaba o bombardino.

Foto da Banda
Iglesias Alvarellos, E. Bandas de Música de Galicia, pp 136-138

A Banda de Música de don Ángel Balado “Anxeliño Balado” (1890?-1920?)

Escribía Borobó que Carmen Romero Mariño lle dixera que seu pai era labrador e músico, tocaba o baixo e que ía polas aldeas formando parte da Banda de Anxeliño Balado, natural de Dodro, quen foi director moitos anos dunha banda de música nas primeiras décadas do século e autor da partitura da alborada “Vaite Noite” para banda, que lla oíra tocar á gaita ao seu creador

A Banda de Música de don Ángel Balado “Anxeliño Balado” (1890?-1920?)

A Banda de Música do Carrandán (?-1955)

José Vigo Rodríguez (Carrandán “O vello”) a finais do século XIX constitúe unha agrupación musical no lugar de Lestrobe, que se denominará a Banda de Carrandán. Esta banda vai acadar máis sona cá dos Silleiro. O local de ensaio da agrupación era a casa do señor Juan Carrandán “O vello”, no medio da aldea do lugar de Lestrobe.

Foto da Banda
Foto da Banda do Carrandán fronte ao pazo de Lestrobe (Dodro), nas festas en loanza da Virxe dos Aflixidos
Compoñentes: primeira ringleira, comezando por arriba e de esquerda a dereita, Juan Janeiro, Moncho “Jerocho”, Francisco Dopazo “Paco o Caja”, Paveiro, José Guillán, Lito “Gaiteiro” e Ramón “Angueiro”; na segunda ringleira, de esquerda a dereita, Juan Cardama “Rabalisa”, Paco San Luís, Reperto Neira, Evaristo, Eduardo “Cadamo” e Manolo “Acordeón”; na terceira ringleira, de esquerda a dereita, Juan Carrandán “O vello”, Joaquín “Topete”, “Palacho”, Joaquín Mourelle, Juan Vigo Garabal “Carrandán” (director), Avelino Mourelle, Pepito “O Caja”, Moncho “Jorecho” e Pepe Janeiro, “Panarra”; e na cuarta ringleira, de esquerda a dereita, Manolo “Gaiteiro”, Daniel Gil, Eladio “Tamuche”, José Moreiras Boga “O Baldrás”, “Molete”, Juan Laureano, Celestino e Emilio Gil Vigo “Tamuche”
Foto da Banda
Foto da Banda do Carrandán no lugar de Lestrobe, co seu director, don Juan Vigo Garabal “Carrandán”, en primeiro termo

A integración das bandas de música de Lestrobe na Banda Municipal de Padrón (1947-1955)

O alcalde de Padrón, don Ramón Pazos Giménez2, tiña especial interese en que Padrón dispuxera dunha gran Banda de Música. A Banda do Silleiro, que dirixía don Juan Fernández, aceptou o ofrecemento e intregrouse en 1947. A Banda do Carrandán declinou a integración por motivos diversos. A partires deste momento a Banda do Carrandán pasou a denominarse Banda de Música Rosalía de Castro.

As comparsas do entroido padrónes (1908-1936)

O entroido padronés era unha cita obrigada para as comparsas de Padrón e dos arredores. En 1908, en Lestrobe fundouse a comparsa La Baraja. A comparsa interpretaría nese entroido as seguintes pezas: unha xota, unha ruada, un vals e unha danza, composicións comúns no repertorio de tódalas agrupacións, que maioritariamente se interpretaban en lingua castelá, aínda que algunhas delas empregaban o galego

No entroido de 1915, a comparsa de Anxeliño Balado denominouse Hijos de Lestrove A temática das composicións era variada: podían ser de carácter amoroso, temas de actualidade, relativas á diversión e á exaltación do entroido e dos produtos típicos, asuntos cómicos ou relativos ao xogo, exaltación da xuventude, crítica dos taberneiros ou das autoridades municipais polo mal estado de camiños ou das fontes...A partir de 1936 prohibíronse as comparsas e desapareceu a tradición do entroido padronés, que tanta sona tivera, incluso máis alá das Terras de Iria. Como mostra desas composicións reproducimos as letras da comparsa lestrobeña La Baraja de Anxeliño Balado (1908) e da comparsa “El Arco Iris” de Estramundi (1910).

Lestrobe: a música como referente

Poucos lugares posúen unha tradición musical tan arraigada como o lugar de Lestrobe, no Concello de Dodro. Esa afección polo pentagrama transmitiuse familiarmente de pais a fillos e non era estraño que nunha mesma familia houbese varios músicos. Lestrobe é referente musical. Desde estas páxinas quero render unha pequena e sinxela homenaxe a todos aqueles músicos que fixeron posible que nos sintamos orgullosos desa tradición de bandas nas Terras de Iria.

Foto da Banda
Compoñentes da Banda de Música Municipal de Padrón, todos eles naturais do lugar de Lestrobe, arredor do ano 1975, con motivo da inauguración da escola do lugar e celebración do Día da Árbore De esquerda a dereita: Juan Janeiro, Santiago Janeiro, Fernando Janeiro, Eugenio Janeiro, José Moreiras “Baldrás”, Jose Angueiro, Ramón “O Coco”, Jesús “O Coco”, Juan Vigo Garabal, diante coa caixa Jesús Fernández “Picadizo”, José Janeiro e Juan Carrandán “O vello”

Historia da Banda de Música Municipal de Padrón (1888?-2018)


A idea de ter unha banda de música respondía a unha necesidade de contar cunha agrupación musical que amenizase os actos festivos populares que se celebraban no municipio, así como os actos oficiais nos que participaba a corporación. O proxecto de formala tivo varias iniciativas de escaso percorrido, que por unha razón ou outra tiveron unha existencia efémera.

A Banda de Música de Afeccionados de Padrón (1891)


Arredor de 1888, o profesor Víctor González converteuse en director da primeira Banda de Música de Padrón.

Dita banda non era oficial. De feito, coñeciase como Banda deAfeccionados da Vila de Padrón.

Victor,nunha sesión dop pleno do concello,celebrada o 16 de maio de 1892, manifestaba que como profesor de música e polo soldo que a corporación tivese a ben sinalarlle, comprometíase a organizar unha banda que nos días festivos amenizase os paseos, asistindo ademais a tódalas funcións que o Concello considerase; ensinaría tamén gratuitamente a un número de rapaces pobres que se determinase. O Concello, tendo presente que estaba feito e aprobado o orzamento que estaría vixente no seguinte exercicio, non atopou medio de acceder á solicitude do interesado e acordose desestimala.

A Banda de Música Rosalía de Castro ou Banda dos Forxán (1888-1950)


Don Ramón Manuel Benito Forján Ojeros, natural da Trabanca de Abaixo, foi director da Banda Municipal Rosalía de Castro de 1889 a 1933.

Os Forxán continuaron a saga musical da familia; os dous irmáns, Benito e Francisco,xa que eran bos instrumentistas. Tocaban francamente ben o clarinete e tamén o harmonio nas misas cantadas e tamén en cabodanos.

A saga musical dos Forján continuará cos fillos de Benito, Benito e Francisco Forxán, que foron excelentes músicos da Banda de Música de Santiago.

Foto da Banda
A primeira Banda Municipal Rosalía de Castro (1889-1933), coñecida tamén como a Banda dos Forxán; segundo nota manuscrita de don Camilo Agrasar Vidal8, a foto tomouse entre os anos 1927 e 1928. “Aquí vense moitos coñecidos, aparte dos músicos: Manolo Dopazo (Mariño), o señor Chuco Pajares, o señor Ventura Otero, Maximino Virulao, o señor Pepe Otero (Avillón) e outros. O lugar paréceme que na porta de Ramallo, na Antequeira” (Concello de Rois)

O emblema da Banda de Música de Padrón


O mestre prateiro-ouribe iriense don José García Paz realizou en 1921 o emblema da Banda de Música de Padrón, do que se conserva o cuño.

Nel represéntase o escudo municipal no medio dunha lira, rodeado por ramaxes de loureiro.

Foto da Banda

Actuacións da Banda de Música Rosalía de Castro nos xornais da época (1889-1927)


  1. La Gaceta de Galicia, 22 de setembro de 1889: “En las fiestas de Santa Minia en Brión, la Banda de Música de Padrón, que dirige don Manuel Forján de Padrón, y varias gaitas del país amenizarán el campo inmediato a la capilla”.

  2. La Gaceta de Galicia, 8 de xullo de 1904: “El domingo se celebró en la parroquia de Bugallido la función dedicada a San Antonio y por la tarde se celebró un animado baile en el campo contiguo a la iglesia y que amenizó una Banda de Música de Padrón”.

  3. La Gaceta de Galicia, 6 de xullo de 1905: ”El domingo día 2, con motivo de la celebración de la festividad del Sagrado Corazón en la parroquial de San Félix, se dio por finalizada la fiesta con unos números primorosamente interpretados por la Banda de Música de Padrón”.

  4. El Correo Gallego, 19 de setembro de 1905: “Con motivo de la llegada al lugar de los Ángeles, en el valle de la Mahía, el hijo de aquel país señor Ramos, que tiene el buen humor de demostrar su altruismo, invitando a comer a cuantos se sientan con buen apetito. Estos días celebró tres banquetes de cien comensales, amenizados con la Banda de Música de Padrón y disparándose muchas bombas”.

  5. El Correo Gallego, 13 de agosto de 1909: “Con motivo de la visita que el obispo titular de Fesca, Vicario Apostólico de Marruecos, acompañado de su secretario, del señor cura de Cesures y del señor maestro, al llegar al atrio la Banda de Música de Padrón, dirigida por don Manuel Forján, entonó la marcha real“.

  6. Diario de Galicia, 17 de agosto de 1909: “Con motivo de la celebración de las fiestas de Sar en Santiago, actuó la Banda de Música de Padrón, que dirige el maestro don Manuel Forján”.

  7. Diario de Galicia, 8 de agosto de 1915: “Con motivo de la celebración de las fiestas de Sar en Santiago, actuó la Banda de Música de Padrón, que dirige el maestro don Manuel Forján”.

  8. Diario de Galicia, 19 de setembro de 1916: “Con motivo de la fiesta de Bertamiráns, la Banda de Música de Padrón cerraba la procesión. A la terminación de estos actos y en la hermosa finca de los señores Cambón, fueron obsequiados los asistentes a la fiesta con un banquete. El distinguido funcionista sentó a su mesa a más de setenta comensales, entre los que estaban aristócratas familias de Madrid y Santiago, que veranean en los Ángeles y Bertamiráns. Amenizó el acto la banda de Padrón”.

  9. Gaceta de Galicia, 23 de marzo de 1917: “Se celebró el día 19 la fiesta que organiza en honor de San José, la respetable señora doña Teresa de la Maza. Don Manuel Forján acompañó la misa con el armonio. Y la fiesta fue amenizada por la Banda de Música de Padrón”.

  10. El Compostelano, 4 de xuño de 1924:“Con motivo de la celebración de la Asociación Hijas de María, establecida en la parroquial de Iria Flavia, se celebraron durante el mes de mayo solemnes cultos en honor a su Excelsa Patrona, rematando el 1 de junio con una procesión a la que acompañó la Banda de Música de Padrón”.

  11. El Ideal Gallego, 5 de xullo de 1921: “Se celebró con gran esplendor en Cesures la fiesta del Sagrado Corazón. A la procesión de esta tarde, que fue muy concurrida, asistió la Banda de Música de Padrón”.

  12. El Ideal Gallego, 8 de agosto de 1924: “Tendrán lugar el próximo domingo las fiestas en honor al Santísimo Cristo de la Luz, que se venera en la capilla situada en el lugar de Pazos, a dos kilómetros de la Esclavitud en la misma carretera. Las fiestas durarán tres días y las amenizará la Banda de Música de Padrón”.

  13. El Compostelano, 25 de abril de 1927: “La fiesta del árbol del municipio de Ames fue amenizada por la Banda de Música de Padrón”.

  14. El Compostelano, 4 de xuño de 1927: “En Bertamiráns, Ayuntamiento de Ames, con motivo de la celebración de la primera fiesta del árbol, actuó la Banda de Música de Padrón, que recorrió el pueblo ejecutando alegres dianas”.

  15. El Heraldo Gallego, 5 de xuño de 1927: “En Ames, con motivo de la fiesta del árbol, el acto fue amenizado por la Banda de Música de Padrón”.

  16. El Pueblo Gallego, 2 de setembro de 1927: “Fiestas en honor de Sta. Filomena. Amenizarán los festejos la Banda de Música de Padrón y gaitas del país”.

Actuacións da Banda de Música Rosalía de Castro nos xornais da época (1928-1939)>


  1. El Compostelano, 16 de xuño de 1928: “Con motivo da función sacramental que se celebrará mañana domingo en el santuario de la Esclavitud, se tiene previsto que haga su entrada a las siete de la mañana la Banda de Música de Padrón Rosalía de Castro, que dirige don Benito Forján. La banda dará también un concierto”.

  2. El Correo de Galicia, 29 de xullo de 1928: “Con motivo de las fiestas del Sacramento de la Esclavitud, que se celebrarán el día 17, a las siete de la mañana hará su entrada la Banda de Música de Padrón Rosalía de Castro, que dirige don Benito Forján”.

  3. El Compostelano, 18 de agosto de 1931: “Con motivo de las fiestas del Camino Nuevo (Santiago), participará en la velada la Banda de Música de Padrón”.

  4. El Eco Compostelano, 7 de maio de 1924: “Terminada la conferencia ante un público numeroso de más de 2.000 personas, el señor Tello fue obsequiado con un lunch. Mientras, una Banda de Música de Padrón ejecutó bonitas partituras”.

  5. El Pueblo gallego, 14 de setembro de 1933: “El próximo domingo se celebrará en la Esclavitud una grandiosa romería gallega, que será amenizada por una Banda de Música de Padrón y gaitas, con motivo de filmarse algunas escenas de la película “Alalá”. Si no hubiese niebla, durante la romería volarán sobre Esclavitud algunos aviones”.

  6. El pueblo gallego, 12 de agosto de 1934: “La Banda de Música de Padrón amenizará las fiestas del Camino Nuevo”.

  7. El Compostelano, 11 de agosto de 1934: “Para amenizar las fiestas que se celebrarán en el Camino Nuevo los días 15, 16 y 17 del corriente se contrató a la Banda de Música de Padrón”.

Reorganización da Banda de Música Municipal en 1932


Na sesión supletoria do 7 de setembro de 1932 tomouse en consideración a exposición subscrita por don Ramón Manuel Benito Forján sobre a organización da Banda de Música Municipal e pasouse á Comisión de Facenda para o seu estudo e informe, de ser factible o proxecto, dentro das posibilidades económicas do orzamento deste Concello.

Recoñecemento de servizos prestados a don Ramón Manuel Benito Forján Ojeros (1933)


Na sesión celebrada o 11 de xaneiro de 1933 acórdase acceder ao solicitado por don Ramón Manuel Benito Forján Ojeros, recoñecéndolle os servizos prestados como director da banda de música, que se contratou por esa Corporación Municipal para tódolos actos oficiais durante máis de trinta anos, a quen se lle expedirá o correspondente certificado en relación aos devanditos servizos para o seu ingreso no Corpo Técnico de Directores de Bandas de Música, creado pola Lei do 20 de decembro.

Foto da Banda
Actuación da Banda de Música nunha verbena celebrada na Praza de Macías, nas Festas da Pascua de 1936
Foto da Banda
Banda de Música participando nun acto oficial do Concello

Arraigada tradición festeira


Os numerosos festexos celebrabanse na parroquia de Santa Maria de Iria Flavia e amenizábanos con as bandas de música do Silleiro, de Carrandán ou de Benito Forxán

O antigo Camiño Real convertíase nun salón de baile e a afluencia de público facía que moitas veces o coche de liña que comunicaba Pontevedra con Santiago tivera que deterse por mor das celebracións.

Foto da Banda
García Domínguez, R, “Borobó”. O novelo dos Anacos e outros exemplos (2000-2001) USC, 2002
Foto da Banda
A Banda de Música, trala imaxe do “Parrandeiro”, pola Trabanca de Arriba, despois de rematada a romaría do Santiaguiño do Monte
Foto da Banda
Galiciana. Biblioteca dixital de Galicia Arquivo do Reino de Galicia (A Coruña) Arquivo do Reino de Galicia Colección fotográfica (Documento) 1935-01-01 / 1945- 12-31. ca. 1935-1945 Números da Banda na Ponte Santiago

O palco da música de Padrón (1915-?)


A tradición musical da vila precisaba dun palco de música.o concelleiro señor Ferreiro propón que na entrada á praza do Fiadoirva para colocar a música nos días que esta amenice os paseos do Espolón.

No ano 1933 o Concello de Padrón e dona María Luísa Pérez Martel asinan un contrato de permuta, polo cal o Concello daralle á propietaria o terreo que ocupa o templete da música, na actual praza de Camilo José Cela.

O palco retiraríase do xardín na década entre 1960 e 1970, segundo nos conta don Manuel Vigo, integrante das Bandas de Carrandán, Beteta e Noya. Este palco só o empregaban, durante o día, na festividade de San Xoán do Raio; pola noite tocaban na praza de Macías.

Foto da Banda
Palco da música, de madeira, na praza de Macías c.1940 para unha actuación da banda de música. Este palco seguía o formato do de pedra, trasladado para o Xardín botánico histórico artístico

Os locais de ensaio da Banda de Música Municipal de Padrón


Os servizos administrativos, na parte que da á calexa que comunica a praza do Castro coa rúa Longa, todo ao longo do edificio. Posuía dúas portas: unha no frontal (rúa Longa) e outra na parte de atrás (praza do Castro).Posteriormente, trasladaríase a un anexo ao colexio Rosalía de Castro, sito na praza Rodríguez Cobián.

Posteriormente, trasladaríase a un anexo ao colexio Rosalía de Castro, sito na praza Rodríguez Cobián.

A Banda de Música de Padrón no ano 1948-21/02/1949)


Nado no ano 1900 en Antas nunha familia humilde, posuía unha grande intelixencia e un carácter sensible e inestable, pero dotado dun talento innato para a música;

En Antas funda en 1926 a Banda Celta e comeza a súa lenda como compositor, pois a maioría das pezas que toca a banda son súas. Dedícase á política. En marzo de 1931 publica o artigo “¡La aldea despierta!” e preséntase ás eleccións municipais como radical- socialista. No mesmo ano 1931 ocúpase da dirección da Banda Agrupación Musical de Ordes, que acababa de crearse e, posteriormente, dá clases no Conservatorio de Viveiro e dirixe tamén a súa banda municipal.A experiencia traumática de pasar polo cárcere acrecentou o empeoramento da súa saúde mental, causándolle depresións e desequilibrios. En Padrón agudizouse a súa enfermidade ata sufrir manía persecutoria.

Foto da Banda
don Higino Cambeses Carrera

Actuacións da Banda de Música de Padrón nos xornais da época (1948)


La Noche, 5 de abril de 1948: “Con motivo de las fiestas de Conjo, actuación de Bandas de Cornetas y Tambores del Regimiento de Infantería de Zaragoza número 12 y la Banda de Música de Padrón”.

A Banda de Música Municipal de Padrón


Director: don José Pena (1949).Director: don Francisco Rodríguez (1950). Clarinetista, só tivo unha saída como director da Banda de Música Municipal de Padrón: foi nas festas de Lampai dese mesmo ano.

Director: don Joaquín Montañés (1951-1954) Joaquín Montañés Castellano (1916-1981), nado en Castellón, foi director e compositor de música para banda. Despois da Guerra Civil, exiliouse por razóns políticas e chegou a Galicia a principios dos anos 40. Montañés foi compositor e arranxador de obras de xénero rapsódico, sobre aires populares galegos, que en calquera caso permanecen inéditas.

Foto da Banda
Director: Joaquín Montañés. Sección de Gaitas: de esquerda á dereita: descoñecido, Ramiro, descoñecido, Albino, caixas : Juan Castro San Pedro “Uchas”, Jesús Fernández “Picadizo”
Foto da Banda

A Banda de Música Municipal de Padrón nos anos 1954 a 1979


Don Tomás Beteta, nado en Tolosa (San Sebastián), por razóns familiares trasladouse moi rapaz a Rentería, onde se formaría musicalmente. Con catorce anos xa formaba parte da banda de música desta localidade. Aos dezasete anos obtivo mediante oposición praza de requinto solista na Banda Municipal de Irún. Formou parte da Banda do Sindicato do Espectáculo de San Sebastián, dirixida por don Ramón González Bastida. En 1943 ingresou como requinto na Banda Municipal de Santiago de Compostela, participando ao mesmo tempo na Banda do Rexemento de Zaragoza con gornición en Santiago de Compostela durante tres anos. Posteriormente dirixiu as bandas de Bragaña, Silleda e Cuntis e, a partir de 1954, a Banda de Música Municipal de Padrón durante 25 anos.

Para mercar os timbais da Banda de Música Municipal de Padrón, en 1959 os responsables da peleteira padronesa Picusa adiantaron os cartos, como contraprestación a banda tiña que actuar na festividade de San Bartolomeu13, patrón da empresa, e naqueles actos nos que fora demandada a súa presenza14. En palabras do padronés Virgilio Pajares: “Desde a incorporación de don Tomás Beteta á Banda de Música de Padrón, conferiulle un verdadeiro sentido técnico do que antes carecía, pois non pasaba de ser unha agrupación de afeccionados puramente rural; agora, en cambio, nos seus membros hai unha disciplina que afecta sobre todo á posesión de axeitados coñecementos musicais e todo isto é obra do seu director”

Foto da Banda
Banda Municipal de Padrón en 1955. Director, don Tomás Beteta Yarza. O cuarto da ringleira de abaixo pola dereita é don Ernesto Beteta Garmendia (frauta traveseira), a quen en febreiro de 1996 nomearano director da Banda Municipal Rosalía de Castro de Padrón; en xaneiro de 1997 dimitiu por problemas de saúde
Foto da Banda
Integrantes da Banda Municipal de Padrón: Primeira ringleira de esquerda á dereita: Celestino Vigo Garabal, Ramón Calvo Pérez “Angueiro”, Agustín Lapido, Francisco Solla, don Tomás Beteta Yarza (director), Don Juan Vigo “Carrandán” (subdirector), Juan Castro Sampedro “Uchas”, Jesús Fernández “Picadizo”, Vilachán (gaiteiro). Segunda ringleira: Campelo (Aguasantas). Segunda ringleira, de esquerda á dereita: José Janeiro, Muiñeiro, Pepe Pereiro, (), Paco (Iglesias?), Paco, José Moreiras “Baldras”, Manuel Vigo, Jesús “O coco”, Albino (gaiteiro), Ramiro (gaiteiro). Terceira ringleira, de esquerda á dereita: Papainito, Eduardo Garabal, Xurelo, ( ), Ernesto, José, Pepe “O Muiñeiro”, Maximino, José (Cordeiro), Ramón González “Topete”, Pachano. Ringleira superior, de esquerda á dereita: Jesús Lapido (O frauta), Juan Janeiro, Miguel Beteta Garmendia ( clarinete) , (), () Alberto, Ernesto, Moncho, Alberto, Agra, (), Enrique e Manolo “Conexo”
Foto da Banda
Galiciana Biblioteca Dixital de Galicia. Diario La Noche, 6 de agosto de 1982

A banda de música nas actas plenarias

O Concello colaborará de xeito directo no financiamento da banda de música mediante a formalización de contratos de carácter anual;

Na sesión do 22 de febreiro de 1972, baixo a presidencia do alcalde don Ramón Pazos Sierra, concedéuselle unha subvención á Banda de Música Municipal de Padrón para gastos de hotel de músicos por importe de 1.500 pesetas. No pleno do 13 abril de 1973, baixo a presidencia do alcalde don Ramón Pazos Sierra, formalizouse un contrato co director da Banda de Música Municipal de Padrón por actuacións en actos oficiais. Na sesión do 25 de marzo de 1974, baixo a presidencia do alcalde don José Ferrón Martínez, formalizouse un contrato coa Banda de Música Municipal de Padrón por importe de 120.000 ptas. No pleno do 20 de febreiro de 1975, baixo a presidencia do alcalde don José Ferrón Martínez, formalizouse contrato co director da Banda de Música Municipal de Padrón. Na sesión do 12 de febreiro de 1976, baixo a presidencia do alcalde don José Ferrón Martínez, concedéuselle unha subvención á Agrupación Musical de Padrón.

Actuacións da Banda de Música Municipal de Padrón nos xornais da época (1956-1969)

La Noche, 18 agosto de 1956: “Actuación de la Banda de Música de Padrón en las fiestas de Laraño”.

La Noche, 31 de agosto de 1957: “Con motivo de las fiestas del Carmen en Cesures. El día 1 domingo, alboradas a cargo de la Banda de Música de Padrón. A las dos de la tarde, concierto de música española de la Banda de Música de Padrón dirigida por el profesor don Tomás Beteta Yarza”.

El Pueblo Gallego, 3 de xullo de 1959: “Fiestas en Puentecaldelas de la patrona Santísima Trinidad. Actuará la Banda Municipal de Padrón con su magnífica sección de gaitas gallegas, que tanto ha gustado aquí en nuestras fiestas patronales”.

El Pueblo Gallego, 11 de setembro de 1959: “Romería de Nuestra Sra. de la Esclavitud. La fiesta profana estuvo a cargo de la magnífica Banda Municipal de Padrón”.

El Pueblo Gallego, 4 de abril de 1964: “Programa de las fiestas de Tuy. Procesión y música de baile hasta la madrugada con la intervención de la Banda de Música de Padrón y la orquesta Florida”.

El Pueblo Gallego, 7 de agosto de 1964: “Fiestas de San Roque. Vilagarcía de Arousa. También habrá iluminación y está contratada la Banda de Música de Padrón con su grupo de gaitas”.

El Pueblo Gallego, 6 de setembro de 1964: “Fiestas de Villanueva de Arosa. Satélites, Novedades, Nueva Krazzy y Krazy kray, con ellas, la Banda de Música de Padrón y el conjunto enxebre “Os Campaneiros”.

Hoja oficial del lunes. 7 de decembro de 1964: “Con motivo de las fiestas en la parroquia de Geve. Santa María de Geve a las doce del día y diversos actos de esparcimiento popular, los cuales se iniciarán hoy amenizados por la Banda de Música de Padrón y otros conjuntos musicales”.

El Pueblo Gallego, 8 de decembro de 1964: “Brillante actuación ayer de Banda Municipal de Padrón en Sta. María de Geve”.

El Pueblo Gallego, 1 de agosto de 1965: “Programa de fiestas de Sta. Eugenia de Riveira. El día 4 alboradas a cargo de la Banda de Música de Padrón. Desde las 8 actuará en la plaza de Otero Goya la BandaMunicipal de Padrón, alternándose con la orquesta internacional López Malde de El Ferrol”.

El Pueblo Gallego, 3 de agosto de 1965: “Fiestas de la Guardia, día grande domingo 8. La Banda Municipal de Padrón con su grupo de gaitas y la de Tabagón recorrerán las principales calles de esta villa tocando alegres pasodobles en compañía de los grupos de gaitas y treboadas. La Banda de Música de Padrón tocará en la Alameda lo mejor de su repertorio para seguir durante la misma hasta las diez de la noche, interpretando exclusivamente obras de concierto. A las once, tercera y última gran verbena amenizada por las bandas de música de Tabagón y Padrón”.

El Pueblo Gallego, 18 de agosto de 1966: “Fiestas Caldas Reyes. A las 10 horas alboradas y a las 13 horas concierto en el Parque Jardín”.

El Pueblo gallego, 3 de marzo de 1967: “Fiestas de San Marcos en Noya. La Banda de Música de Padrón amenizará una fiesta popular que habrá de desarrollarse después del encuentro de fútbol Tenerife y Club de Fútbol Oviedo. Acompañada de la orquesta “Los Platinos” de La Coruña”.

El Pueblo Gallego, 12 de xullo de 1967: “Fiestas del Carmen, en O Grove. Día 15 actuación de la Banda de Música Padrón y grupos de gaiteros “Os de Marín” y “Os Carballeiras”.

El Pueblo Gallego, 11 de agosto de 1968: “Fiesta en Villagarcía. Lunes. Dianas y alboradas a las 9 de la mañana por la Banda de Música Padrón y el grupo de gaitas Airiños das Rías Baixas. A las 12, concierto en la Alameda por la Banda de Música de Padrón con su grupo de gaitas. As las 11 de la noche, concierto en la alameda de la Banda de Música de Padrón”.

El Pueblo Gallego, 13 de agosto de 1968: “Fiestas de Villagarcía. A las 11 concierto en la Alameda por la Banda de Música de Padrón”.

El Pueblo Gallego, 6 de agosto de 1969: “Fiestas patronales de Villagarcía. Domingo 17 a las diez, dianas y alboradas por la Banda de Música de Padrón y grupo de gaitas de la Academia Municipal. A las doce y media concierto en la alameda por la Banda de Música de Padrón. A las 10:30 horas, en la Alameda, concierto por la Banda Municipal de Padrón”.

Foto da Banda
Don Tomás Beteta Yarza, director da Banda de Música Municipal de Padrón, e o seu fillo, don Ernesto Beteta Garmendia, director da Banda de Música de Silleda (Pontevedra)
Foto da Banda
Don Tomás Beteta, dirixindo a Municipal de Padrón, nun concerto en Riveira (Foto: Lesmes / Facilitada por F. Beteta)

A Banda de Música Municipal de Padrón (1982- 1992)

Director: don Ricardo Noya Vidal

Nado no Concello de Trazo, de moi rapaz trasladouse a Santiago de Compostela, onde cursou estudos de música co mestre don José Gutiérrez, naquel momento director da Banda Municipal de Santiago.

Formou parte da Banda de Roxos, da Banda do Exército en Pontevedra, das orquestras La Hispania e La Compostela. Logo da desaparición da Banda Militar de Santiago marchou para Madrid, ingresou no corpo de músicos militares e trasladouse despois a Ceuta, en 1971, como músico militar

Foi, así mesmo, fundador da Escola Municipal de Música, a primeira EMUS que comezou a funcionar en Galicia, co obxectivo de fomentar as ensinanzas musicais en tódolos ámbitos a partir dunha boa base, coa que formar números para a súa banda de música.

Imaxe da banda Imaxe de Don Ricardo Noya, dirixindo a banda na praza de Macías
Imaxe de Don Ricardo, director da banda
Foto: Mon Beiró, c. 1988

A banda municipal de Padrón (1995 - 2000)


Carlos Seráns Olveira, tuba solita da banda de música municipal de Santiago de Compostela e do grupo de metais de Galicia, foi director circunstancial, que de xeito altruísta ocupouse da dirección da Banda municipal de Padrón en 1995.

A banda obtén o primeiro premio no Certame de Bandas de Música Galimusic da Estrada.

Imaxe de Don Ricardo, director da banda
Integrantes da Banda Municipal de Padrón: empezando pola ringleira de abaixo, de esquerda a dereita: Manuel Villar Touceda, trompeta (Valga); Diego García Morales, saxofón tenor (Dodro); Juan Carlos Losada Río, fliscorno (Valga); Beatriz Rivas Álvarez, trompa (Padrón); Sonia Rodríguez Pardal, clarinete (Lestrobe); Genita Blanco Barreiro, saxofón tenor (Padrón); Raquel, frauta (Taragoña); ( ) oboe (Noia); Tania Álvarez Meda, clarinete (Estramundi); Víctor Romero Viturro, clarinete (Dodro). Segunda ringleira: Pablo Castaño, saxofón alto (Dodro); Juan, trombón (Rois); M.ª Jesús Rey Gens, clarinete (Rois); Yolanda, clarinete (Catoira); Miguel González Martínez, clarinete (Estramundi); Carlos Seráns Olveira, director; Jorge, requinto (Taragoña); Xavi, saxofón (Catoira); Dani, percursión (Catoira), actualmente na Banda de Música de Santiago; Carlos Figueira Abuín, bombardino (Rianxo), actual director da Banda de Música de Catoira. Terceira ringleira: Juan, trombón (Rois); Anxo Sieira, clarinete (Taragoña); Carlos Pardal Nieto (Estramundi); Moncho, percusión (Rianxo); Roberto, percusión (Rianxo); Tarrío, trombón (Taragoña); Andrés Figueroa Iglesias, clarinete (Estramundi); María Sendón, clarinete (Catoira); Rafael Collazo, saxofón alto (Rianxo), actual director da Banda de Rianxo. Cuarta ringleira: Roberto Verde, fliscorno, actualmente na Banda Municipal da Coruña; Roberto Figueira Abuín, bombardino (Rianxo); Luciano, trombón (Salceda de Caselas); Óscar, tuba (Catoira); Iván Carreira González, trombón (Catoira); Luis, percusión (Taragoña); e Rubén, trombón (Taragoña)

A Banda da Escola de Música Rosalía de Castro (febreiro 1996-xaneiro 1997)


Don Ernesto Beteta foi director da Banda de Silleda durante os anos 1960 e 1964, unha década despois de que o fixera o seu pai, don Tomás Beteta Yarza

De 1993 a 1997 nomeárono director da Banda de Música de Santa Úrsula, en Tenerife, onde deixou unha fonda pegada como director musical polo labor realizado

En maio de 1995 nomeárono profesor e director da EMUS18. O 16 de febreiro de 1996, o goberno municipal nomeouno en Xunta de Goberno Local director da Banda Municipal Rosalía de Castro e da EMUS19. Ocupará o cargo desde xaneiro de 1997 ata decembro dese mesmo ano. Debido a problemas de saúde, viuse na obriga de abandonar.

Imaxe de don Ernesto Beteta
LVG, martes 18 novembro de 1997. Secc: Santiago, páxina 47
Xornal La Voz de Galicia, sábado 17 febreiro de 1996. Sección: Comarcas, páx. 43

A Banda da Escola de Música Rosalía de Castro


Director: don Manuel Ángel Sobral Rial (1997-2008)

Natural da parroquia de Taragoña (Rianxo), onde comezou asúa andadura musical tocando o bombardino na Banda Infantil de Taragoña, realizou estudos de bombardino e trombón no Conservatorio de Música de Santiago, onde acadou o título superior nas dúas especialidades no curso 1997-1998.

En decembro de 1997 faise cargo da dirección da banda. realizou actuacións por toda a comunidade, intercambios culturais e intercambios con outras bandas de música, e organizou o I Festival de Bandas da Vila de Padrón, que se segue a celebrar cada ano coincidindo co domingo de Pascuiña.

A banda contaba coa colaboración da EMUS, onde sete profesores se encargaban de formar musicalmente o alumnado. A agrupación impartiu clases nas parroquias de todo o concello, dentro do proxecto “Música na casa”.

Imaxe de don Ernesto Beteta Imaxe dos integrantes da banda municipal Rosalía de Castro

A Banda de Música Municipal de Padrón (2008-actualidade)


Director: don Braulio Cao Ledo (agosto 2008-ata a actualidade)

Braulio Cao Ledo, nado en 1977 en Hannover (Alemaña), obtivo otítulo superior de profesor de clarinete no Conservatorio Superior de Santiago Compostela. Impartiu clases nas EMUS de Forcarei, Bandeira, Santa Cruz de Rivadulla e Vila de Cruces. Foi director da Banda Recreativa de Bandeira de 2000 a 2007. Desde o ano 2003 forma parte do cadro de mestres da Banda Municipal de Santiago, onde ocupa o posto de clarinetista.

A terceira etapa da Banda de Música Municipal de Padrón iníciase o martes da Guadalupe de 2008, día que se dedica a Padrón nas festas patronais de Rianxo.

Nestes nove anos transcorridos, a banda vai da man da EMUS e converteuse nun auténtico viveiro de músicos que empeza a dar os seus froitos, como o acadado o 21 de novembro de 2015, cando resultou gañadora do IX Certame Galego de Bandas de Música en Santiago de Compostela. As súas actuacións espalláronse por diferentes localidades de Galicia, levando o nome do noso municipio alá onde actúa, o que constitúe un motivo de orgullo e satisfacción para o mantemento da cultura musical destas Terras de Iria.

Foto da banda de música municipal de Padrón no certame galego de bandas de música Imaxe da banda de música municipal de Padrón