Dende o século XII e ata o século XVIII á vila de Padrón concedéronselle diferentes foros que eximían aos seus habitantes das vellas cargas señoriais.
A monarquía concédeos en virtude da predicación do apóstolo Santiago e de que aquí chegou o seu corpo despois de morto.
Tódolos reis manifestarán a crenza de ser o Pedrón o lugar sobre o cal estivo o Apóstolo, cláusula que non pon en dúbida ningún dos privilexios, os cales gárdanse no Arquivo Histórico Municipal.
A primeira fonte documental é o foro municipal de 1164 no que o rei Fernando II concédelle privilexios á vila de Padrón, confirmando os privilexios que o sei pai Afonso IX, xa lle concedera á vila. Documento manuscrito, escrito en latín.
Algúns dos privilexios concedidos foron:
- Ir a fonsado, era a obrigación que todos tiñas de presentarse armados para a guerra, cando o Rei saíse á campaña. Ordinariamente esta obrigación duraba tres días.
- Fosadero, pola contra, era o tributo que pagaban os que non podían asistir persoalmente á campaña.
- Gayosa, era un imposto que tiña que pagar todo vasalo a o seu señor, con motivo de certos acontecementos alegres e felices, como un nacemento ou unha voda.
- Luctuosa ou loytosa, vixente so en algunhas provincias, era exixible por señores e prelados cando morrían os seus súbditos, e consistía nunha xoia do defunto, a que sinalara este no testamento, ou a que escollera o señor ou o prelado.
- Portazgo, era o prezo que se pagaba por pasar por un sitio determinado dun camiño e peaxe, o que se pagaba por circular.
- Pedidalla, referíase a un tributo que se pedía para a guerra.
De seguido, mostramos as ficha técnicas dalgúns destes privilexios que foron dixitalizados e atópanse no Arquivo Histórico do Concello de Padrón: