Monumento a Rosalía de Castro

Lugar Paseo do Espolón de Padrón
Parroquia Padrón (Santiago)
Coordenadas 42.73829884 / -8.66022479
Inauguración 23 abril 1957 (Luns de Pascua)
Autor José María Mateos
Orzamento Doazón dos padroneses emigrados en Uruguai.
Imaxe da escultura de Rosalía de Castro Imaxe da escultura de Rosalía de Castro Imaxe da escultura de Rosalía de Castro Imaxe da escultura de Rosalía de Castro Imaxe da escultura de Rosalía de Castro

Descrición

Monumento a Rosalía de Castro (Conxo, 1837 – Padrón, 1885). Doazón dos padroneses residentes en Uruguai presididos polo padronés D. Ignacio Landeira Formoso e baixo os auspicios do médico padronés D. José Sebe Méndez. O acto foi presidido pola S.E. Rvda, e o Cardeal de Santiago de Compostela Quiroga Palacios.

Despois da misa da mediodía, a comitiva inaugurou tres placas conmemorativas na honra de outros literarios padroneses que foron colacadas nas súas casas natais: D. Manuel Barros (en A Trabanca, Rúa do Carme 47), D. Agapito Nicasio Pajares Ojeros (en A Trabanca, Rúa Santiago) e D. Camilo José Cela (en Iria Flavia). Estes actos foron presididos polo poeta Ramón Otero Pedrayo.

Fontes:

O rueiro histórico de Padrón, de Eloy Rodríguez Carbia