Lugar | Xardín da Casa–Museo Rosalía de Castro. A Matanza |
Parroquia | Iria Flavia |
Coordenadas | 42.738679 / -8.652019 |
Inauguración | Novembro 2001 |
Autor | Camilo Vidal Rodríguez “Camilo Seira” |
Descrición
Busto de Maruxa Villanueva, grande estudosa da cultura galega, especialista en Rosalía de Castro e coidadora da súa Casa-Museo.
María Isaura Vázquez Blanco “Maruxa Villanueva” (Barrela 1906 – Santiago de Compostela 1998), Na súa xuventude emigrou a Buenos Aires, onde acadou recoñecemento como cantante e actriz. Foi en Arxentina onde comezou a colaborar activamente a favor do desenvolvemento da cultura galega.
Xunto ao seu marido, o dramaturgo Daniel Varela Buxán forman a compañía de teatro “Compañía Gallega de Comedias Marujita Villanueva”.
Nos seus anos en Arxentina fixo amizade con intelectuais galegos da talla de Eduardo Branco Amor, Salvador de Madariaga e Castelao. No ano 1962 regresa definitivamente a Galicia e no 1971 é proposta por parte do Padroado Rosalía de Castro para a atención da Casa-Museo, onde tamén viviría a partir do ano 1974. Foi galardoada coa Medalla Castelao (1991) e o Premio de Teatro María Casares.
É Maruxa Villanueva quen comeza a tradición de colocar a ofrenda diaria de unha flor sobre a cama na que faleceu Rosalía de Castro, costume que se segue a realizar na actualidade.
Na honra da figura de Maruxa Villanueva o Concello de Padrón crea no ano 2001 o “Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva”.
Fontes:
Wikipedia | O Xardín da Casa de Rosalía, de Carlos Rodríguez Dacal