Lugar | Xardín Botánico-Artístico de Padrón |
Coordenadas | 42.738458 / -8.658264 |
Inauguración | 1963 |
Autor | Alfonso Sanmartín Abelleira |
Descrición
Escultura en granito de Macías o Namorado. A Macías atribúenselle 21 poemas do Cancioneiro de Baena (Madrid, 1851) e (Leipzip, 1860): “Cautivo da miña tristura”, “Amor cruel e brioso”, “Senhora en quien fiança”, “Provei de buscar mesura”, “Con tan alto poderío”. A súa vida está vencellada a unha tráxica historia de amor.
A peza foi realizada polo escultor e restaurador padronés Alfonso Sanmartín Abelleira (1924-1983). A este artista atribúeselle a creación de doce dos dezasete cruceiros que forman o único Via Crucis Marítimo-Fluvial no Camiño Mar de Arousa-Río Ulla (1960). Destaca especialmente o conxunto de tres cruceiros en memoria de Santiago Apóstolo e os seus dous discípulos Atanasio e Teodoro. Alfonso Sanmartín tamén foi o creador da placa conmemorativa na honra a Rosalía de Castro ubicada nunha edificación da rúa Juan Rodríguez de Padrón.