“Casa grande, capilla, palomar y ciprés, pazo es"
Sabedoría do pobo galego. Propoñémosvos unha escapada en contacto coa pedra máis noble de
Por iso, suxerímosvos visitar esta ruta polos pazos máis significativos e importantes das
Nestas terras nace o
Nesta ocasión, iremos de visita aos pazos do Faramello e Antequeira en Rois, pazo de Arretén en Padrón, ademais dunha visita á casa-museo de Rosalía de Castro e ao Convento do Carme, e ao pazo da Hermida en Dodro. Unha boa opción para pasar un agradable día e coñecer de primeira man esta característica mostra da arquitectura e cultura galegas con posibilidade de cata e degustación de viños con D.O. das Rías Baixas.
Ponte de Santiago, Convento e fonte do Carme
Tras cruzar a ponte de Santiago e o río Sar, encontramos a poucos metros a impresionante Fonte do Carme, construida no século XVI, e a poucos metros a Costiña do Carme, que nos conduce ata o convento que leva o seu mesmo nome, o Convento do Carme. Don Alonso propuxo que se construíse un convento en Padrón e para iso doou duascentas mil pesetas da súa fortuna.
En 1715 a orde carmelita aproba a fundación e en 1719 o arcebispo Luís Salcedo e Azcona coloca a primeira pedra do convento. Os pais carmelitas Juan do Santísimo Sacramento e Juan de Santa Teresa empezan as obras en terreos doados pola marquesa de Parga. Acordouse conceder á señora marquesa o Padroado, podendo ser enterrada na igrexa. En 1734 establécese a comunidade carmelita e as obras rematan en 1762.
Ao convento, situado na saia do monte San Gregorio na Trabanca, accédese por unhas escaleiras labradas en roca ata o amplo e elevado atrio. O convento é de estilo neoclásico, planta rectangular, en pedra de sillería, de tres alturas, con arcos de medio punto e xanelas no último piso. A fachada dá ao atrio e por detrás á horta. O claustro é sinxelo e a horta é un bo lugar de retiro. Ten dúas fontes, de San José e Santa Teresa e a porta do interior conduce ao monte.
Durante a exclaustración do ano 1835 o convento pasou ao Estado. O Concello de Padrón reclámao no ano 1849 e instala o Xulgado de primeira instancia, o almacén do Sal e un salón teatro. A igrexa estaba pechada.
En 1866 a orde de Santo Domingo presenta unha petición ao presidente do Consello de Ministros Cánovas, asinada por todos os deputados galegos, para convertir o convento nun colexio. En 1870 inicia as actividades o colexio para segundo ensino, bacharel e filosofía. Ocúpano oitenta alumnos externos atendidos por sete frades. Posteriormente o colexio é só para estudantes dominicos e á igrexa do convento acoden os padroneses a misas e demais actos relixiosos.
Polo tanto, neste espectacular edificio, de estilo neoclásico os seus primeros habitantes foron os Carmelitas Descalzos e, tras a Desamortización, pasou a mans dos Dominicos, ainda presentes hoxe. O Concello, xunto á Dirección Xeral de Formación e Emprego de la Xunta, estableceu un Centro de Formación Ocupacional e en 1992 cento trinta novos xóvenes seguen ensinos de albañilería, cantería e carpintería que restauran o abandonado convento, só habitado por un frade, rehabilitando paredes, madeiras de castaño, mesas, armarios do XVIII etc.
Esta impoñente obra arquitectónica construída sobre roca viva e a súa situación privilexiada ofrécenos unha perfecta vista panorámica da vila.
Para poder disfrutar do interior desta marabillosa edificación relixiosa, debemos ter en conta o horario dos diferentes actos litúrxicos, polo que será necesaria unha previa confirmación. Despois de gozar da primeira entrega desta magnífica ruta, e unha vez acomodados no autocar que nos axudará a levala á cabo, continuaremos rumbo ao Pazo da Antequeira (Rois) pola AC-299 e logo AC-301 ata chegar a destino. Durante este traxecto podemos contemplar o impoñente muro do Pazo Torre do Monte en Padrón, propiedade privada non visitable, polo que daremos unha breve explicación “a bordo”.
Pazo Torre Do Monte
Situado na parroquia de Santa María de Iria de Padrón, o pazo Torre do Monte data do século XIV, considerado un dos máis importantes do país que dan fe deso os versos de Rosalía de Castro inspirados no edificio. Estratéxicamente colocado na ladeira dun bosque de árbores centenarias que forman unha avenida de carballos, castiñeiros, acacias, eucaliptos, etc. e xardín ante a fachada posterior ( parterres baixos, mirtos, roseiras, hortensias...), visible desde Padrón. Ademais, este importante pazo conta cunha grande cantidade de viñedos e está formado por catro corpos de distintas épocas e características. O principal é rectangular, coa antiga torre nun extremo. Unido a esta, un corpo máis baixo que as dependencias auxiliares, fábrica de sillería e cantería de granito e a fachada principal con escalinata barroca con balaústres. Conta tamén coa Capela de San Miguel, tres escudos, pombal, hórreo, fontes, etc. Arrincaron as obras de restauración baixo a premisa de respetar fidedignamente os parámetros orixinais dunha casa solariega desas características, por iso hoxe en día é unha propiedade privada e está prohíbido o seu acceso.
Pazo da Antequeira
Segundo punto de destino da nosa ruta. Está situado na aldea deste nome, pertencente á parroquia de Oín (Rois), entre as estradas de Padrón a Noia (AC-301), e de Rois a Dodro (DP-3302). O pazo de Antequeira foi construído por orde de Vicente F. Calderón, segundo conde de San Xoán e vizconde de San Vicente e os actuáis propietarios son aínda da mesma familia.
Este espectacular edificio conta con tres corpos, dous saíntes e no medio a solaina, con balconada barroca. Ademais da vivenda pacega, á dereita da fachada principal está a capela. O conxunto complétase cunha bonita escalinata barroca, para baixar ata unha fonte do mesmo estilo; un pombal de planta circular; un cruceiro, etc. Ademais dun magnífico xardín con especies como camelias, magnolias, hortensias... Paraxe perfecta para gozar da natureza e do silencio, antes de tomar un refrixerio e continuar co seguinte punto da nosa ruta.
Pazo Do Faramello
Na aldea deste nome, parroquia de Ribasar, case no límite dos concellos de Rois, Teo e Ames, e a poucos metros da estrada xeral de Vigo á Coruña, N-550, érguese o asombroso Pazo do Faramello. A orixe desta casa está na fábrica de papel que montaron Bartolomeu Piombino e Xosé Gambino, en 1710 e que foi a primeira fábrica de papel de Galicia, que durante 30 anos era a única que tiña permiso para expedir papeles da coroa de Felipe V. Outro dato de interés é que no siglo XVIII daba traballo a máis 50 familias da zona.
A importancia do pazo ven dada tanto por ser pioneira no ámbito industrial, como por albergar un arsenal para loitar na guerra da independencia contra os franceses ou haber sido residencia estival de S.M. o rey Alfonso XIII.
Trátase dun gran edificio cadrangular, típico do barroco compostelano, con amplo balcón sostido por grandes canzorros. Debaixo das ventás do sobrado hai un escudo do primeiro propietario. Logo pasou á familia portuguesa dos Rivero de Aguilar, ó casar Clara Piombino con Manuel Rivero de Aguilar, rexedor da poboación portuguesa de Viana do Castelo. Dende entón segue sendo propiedade desta familia.
Presenta innovadoras solucións arquitectónicas para a súa época, como a cuberta vexetal da real fábrica de papel ou a creación da primera presa industrial. Alberga bens incluídos no catálogo cultural de Galicia, dos cales destacamos:
Capela da nosa Señora das neves:
A capela abovedada de estilo barroco rural galego foi consagrada en 1727. No interior da capela atópase un retablo realizado por Xosé Gambino, un escultor de referencia na arte galega que naceu no Pazo do Faramello.
Os cruceiros: Un cruceiro é un monumento típico en Galicia, aínda que tamén se poden atopar noutros lugares, como Portugal ou rexións limítrofes de Galicia. Nos dominios do pazo atopamos dous cruceiros. Un deles é o máis alto do camiño portugués. Nas marxes da leira atópase o famoso castro da Raíña Lupa, que segundo conta a lenda foi a que proporcionou os touros que trasladaron o corpo de o Apóstolo Santiago cara a onde hoxe se sitúa a Catedral de Santiago de Compostela. Ademais é o último Pazo atravesado polo Camiño Portugués e pola Ruta do Mar de Arousa.
Parada obrigatoria desta ruta para contemplar a exclusividade dos seus xardíns decimonónicos, recentemente incluídos na Guía de Grandes Xardíns de Galicia. Este Pazo ofrece ao/á visitante a posibilidade dunha visita guíada baixo previa reserva e cun prezo aproximado de 10€ (con degustación dunha copa de viño de D.O. Rías Baixas).
Unha vez rematada esta magnífica visita, é hora de tomar un descanso de aprox. 2h e repoñer forzas para logo continuar. Neste caso, o xantar será no restaurante A Casa da Corredoira en Pazos (Padrón). Restaurante que nos queda de camiño e cuxas instalacións se asemellan a un pazo da época, para que sigamos atrapados no espíritu da fidalguía galega dos séculos XVII-XIX.
Pazo De Arretén
U nha vez rematado o xantar, continuaremos a nosa ruta pola N-550 ata chegar ao magnífico pazo de Arretén. Este pazo atópase entre os máis destacados da historia da literatura galega e española, pois a ilustre escritora Rosalía de Castro pasou nel parte da súa vida. A propiedade foi levantada no século XVI por unha das familias fidalgas máis coñecidas de Galicia, os Bermúdez de Castro. Como case todas as edificacións señoriais da zona, a súa arquitectura conxuga a estabilidade horizontal que proporciona o granito coa mestría e a lixeireza que creaban os mestres canteiros de Pontevedra. A distribución actual corresponde ao século XVII.
Actualmente os viñedos producen a uva coa que se elabora o viño Pazo de Arretén da D.O Rías Baixas, subzona do Ulla e o vermú St Petroni. Ofrece visitas guiadas para o público xeral e tamén para escolares baixo previa reserva. Esta magnífica visita pode terminar con cata e degustación de albariño.
Casa-Museo De Rosalía De Castro
Seguindo o noso percorrido polas terras bañadas polo Sar, chegamos á Casa-Museo da escritora máis ilustre da literatura galega, Rosalía de Castro. No outono de 1947 créase o Patronato Rosalía de Castro, co fin de arranxar a Casa da Matanza, en Padrón, casa na que Rosalía de Castro viviu os derradeiros anos da súa vida. Neste espazo proponse un percorrido polos acontecementos que marcaron a vida e a obra de Rosalía. Na planta baixa, denominada “O perfil dunha sombra”, o visitante pode apreciar a verdadeira dimensión desta emblemática figura da cultura galega e universal: a súa vida, o entorno que a rodeou e a relación do pobo galego coa figura da escritora. Na primeira planta, denominada “O seu”, proponse unha recreación da casa rural da época, entre labrega e fidalga. A Casa-Museo de Rosalía vén de modernizarse e actualizarse no ano 2015 as súas instalacións, con novos recursos didácticos, novas pezas e material audiovisual que nos permiten comprender mellor a vida e obra de Rosalía de Castro e a súa familia.
Pazo De Lestrobe
En ruta ata o seguinte pazo (o da Hermida), atoparémonos co maxestuoso pazo de Lestrobe, hoxe convertido en hotel. Este emblemático edificio do século XVI, foi antiga mansión de recreo dos arzobispos compostelanos, cuna do Premio Nobel Camilo José Cela, e última residencia da gran escritora galega Rosalía de Castro. De corte clásico e intimista, os seus ainda patentes oríxes eclesiásticos e o seu coidado interiorismo, fusiónmaxistral de tradición e modernidade, convérteno nun acolledor refuxio onde depurar alma e espíritu.
Pazo Da Hermida
E por fin chegamos ata o noso último punto de visita da nosa ruta: o pazo da Hermida. Composto por dúas impresionantes e antigas torres de defensa da ría de Arousa onde en 1617 se fundou un maiorazgo. Nesta finca pasou longas temporadas Rosalía de Castro, por ser posesión de seus tíos. O 26 de marzo de 1930 celebrouse neste pazo o Pacto de Lestrobe no cal se acordou a creación da Federación Republicana Gallega, para loitar pola autonomía de Galicia e a implantación dun réximen republicano democrático en España. En 1977 restaurouse conservando a arquitectura típica das mansións señoriais do século XVII.
Fontes:
Obradoiro Xuventude en Acción 2018 Rois, Padrón e Dodro
obaixoulla.gal