Lugar | Xardín Botánico-Artístico de Padrón |
Parroquia | Padrón (Santiago) |
Coordenadas | 42.73855852 / -8.65885203 |
Inauguración | 14 abril 1998 (Martes de Pascua) |
Orzamento | Doazón do Concello de Rianxo |
Descrición
Busto do escritor rianxeiro e pai do nacionalismo Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Trátase dunha doazón do Concello de Rianxo ao Concello de Padrón en sinal de gratitude por lle ter agasallado anteriormente un busto de Rosalía de Castro.
Fontes:
O rueiro histórico de Padrón, de Eloy Rodríguez Carbia