Lugar | Praza de Baltar |
Parroquia | Padrón (Santiago) |
Coordenadas | 42.73910652 / -8.66059896 |
Inauguración | 24 xullo 2001 |
Autor | Camilo Vidal Rodríguez “Camilo Seira” |
Orzamento | 963.000 pesetas |
Descrición
Monumento a Manuel Baltar Santaló, farmacéutico de cuarta xeración da padronesa farmacia Baltar, considerada a segunda farmacia máis antiga de Galicia, fundada no ano 1816. Seis son as xeracións de farmacéuticos da familia Baltar que se levan adicando á xestión desta farmacia: o fundador da primitiva farmacia foi José Baltar Varela, iniciou a actividade nun pequeno espazo da súa vivenda; Angel Baltar Cortés, farmacéutico de segunda xeración foi encargado da remodelación (1873).
Conservaba boa amistade co enxeñeiro de ferrocarrís John Trulock (avó de Camilo José Cela).Foi o señor Trulock quen lle agasallou o botamen que aínda hoxe se conserva na farmacia. Tamén era grande amigo de Rosalía de Castro, coa cal mantiña correspondencia e intercambiaba libros; o terceiro farmacéutico foi Ernesto Baltar Cortés; o cuarto farmacéutico foi Manuel Baltar Santaló, contaba coa axuda da súa muller, unha das poucas mulleres farmacéuticas da época; o quinto farmacéutico foi Óscar Baltar Montero; o sexto e actual farmacéutico é Óscar Baltar Bescansa.
Fontes:
LA VANGUARDIA Noticia do día da inauguración.
Artigo (22 marzo 2013): Datos históricos de Farmacia Baltar, de Óscar Baltar Montero"