Cruceiro de San Lourenzo de Seira
Lugar: A Peruca
Tipo: A
Historia:
Situado nun encrucillada da aldea da Peruca, formaba parte do antigo camiño Sacramental.
A cruz que posúe non é orixinal, é de formigón, ninguén recorda como era a outra ou cando
foi trocada pola actual.
Cruceiro de San Lourenzo de Seira
Lugar: O Cruceiro
Tipo: B
Historia:
En 1716 os fillos dunha familia da zona sofriron un desgraciado
accidente que rematou coas súas vidas. Os pais, María e Juan, como ben
indican as inscriccións do pedestal, mandaron facer este cruceiro que
recorda ós fillos mortos.
Cruceiro de O Casal
Lugar: O Casal
Tipo: B
Historia:
Este cruceiro foi feito no 1987 polo matrimonio Francisco
Cruces Franco e María Rivas. O señor Francisco sempre quixo facer un
cruceiro, feito que acobou levando a cabo.Encargoulle a obra a un
escultor da parroquía de Calo, chamado Manuel que traballaba co seu
fillo.