Cruceiro de Covas
Lugar: Covas
Denominación: Denominación:Cruceiro de Covas
Tipo: B
Historia:
Foi mandado facer por unha parella de anciáns que non puideran ter fillos, María e
Manuel Bralo Gens, da casa de Xanica, na aldea de Covas. Polos nomes dos seus
fundadores dedúcese que foi feito a principios do século XX, exactamente en 1909,
data que aparece na inscrición do pedestal. Puido ser feito polo canteiro Andrés
Castaño Castro, último dos canteiros de Chave.
Cruceiro Santa María de Leroño
Lugar: Santa María de Leroño
Tipo: C
Historia:
Este cruceiro foi cambiado de lugar na década dos 70 antes estaba a uns 30 m. da
súa situación actual, estaría no medio da aldea. Debido a este traslado perdeu a cruz orixinal
e a cabeza de san Antonio de Pádua.
A cruz orixinal era similar a do cruceiro que está diante da entrada ó adro da igrexa, na
mesma aldea.