Cruceiro de Alfonsín, Cruceiro Particular.
Lugar: Pedrouzos
Denominación: Cruceiro de Alfonsín, Cruceiro Particular.
Tipo: B
Historia:
Segundo a inscrición data de 1889 por orde do matrimonio Pablo Alfonsín e
Consuelo Castro, da casa dos Manatos en Pedrouzos. Según as xentes desta casa
o cruceiro fixoo un canteiro de Lousame que traballaba moito por esta zona. Según
Clodio, trátase do "Canteiro de Chave" de Lousame. Según testemuñas do lugar o
cruceiro foi movido fai moito tempo, estaría máis próximo á aldea de Pedrouzos.
Cruceiro de Veiga, cruceiro privado
Lugar: Vilachan
Denominación: Cruceiro de Veiga, cruceiro privado
Tipo: B
Historia:
Cruceiro pertencente a casa dos Veiga de Vilachán. A cruz e o capítel caéronlle no
ano
1988 polo Ortensia, polo que se fixo unha exactamente igual e colocouse no sitio. O
canteiro encargado de facela cruz e repoñela foi Ramiro Maroñas Garcia, natural de
Agrelo, próximo a Noia. O mesmo canteiro quedouse coas pezas antigas rotas,
existe o
contrato de obra na casa dos Veiga.
A antiga cartela de mármore tiña unha inscrición: " A DEBOCIÓN DE DOMINGOS
SAMPAYO Y SU ESPOSA. EN PROPIEDAD 1940".
Herminia Veiga quedou sin pais ós once anos, tempo máis tarde casouse e ós 20
anos
tiña unha enfermidade que non lle permitía ter fillos. Ante isto o matrimonio dedidiu
facer
ofrendas de misas e o cruceiro. Domino Sampaio esposo de Herminia.
Tomouse a decisión de facer o cruceiro no 1929, pero na antiga inscrición da placa
marmorea aparece o ano 1948, Herminia Veiga morreu con 90 anos no ano 1999,
adoptaron a Elena Gloria Sampaio que tivo 6 fillos.
Cruceiro da casa do Vilar, Cruceiro Privado. Casa particular de Jesus
Lugar: Verduga
Denominación: Cruceiro da casa do Vilar, Cruceiro Privado. Casa particular de Jesus
Tipo: B
Historia:
Cruceiro pertencente a casa dos Veiga de Vilachán. A cruz e o capítel caéronlle no
ano
1988 polo Ortensia, polo que se fixo unha exactamente igual e colocouse no sitio. O
canteiro encargado de facela cruz e repoñela foi Ramiro Maroñas Garcia, natural de
Agrelo, próximo a Noia. O mesmo canteiro quedouse coas pezas antigas rotas,
existe o
contrato de obra na casa dos Veiga.
A antiga cartela de mármore tiña unha inscrición: " A DEBOCIÓN DE DOMINGOS
SAMPAYO Y SU ESPOSA. EN PROPIEDAD 1940".
Herminia Veiga quedou sin pais ós once anos, tempo máis tarde casouse e ós 20
anos
tiña unha enfermidade que non lle permitía ter fillos. Ante isto o matrimonio dedidiu
facer
ofrendas de misas e o cruceiro. Domino Sampaio esposo de Herminia.
Tomouse a decisión de facer o cruceiro no 1929, pero na antiga inscrición da placa
marmorea aparece o ano 1948, Herminia Veiga morreu con 90 anos no ano 1999,
adoptaron a Elena Gloria Sampaio que tivo 6 fillos.
Cruceiro da escola Martinez
Lugar: A Igrexa
Denominación: Cruceiro da escola
Martinez
Tipo: C
Historia:
Na maioria dos cruceiros a súa historia sabese polas inscricións que se atopan nel,
neste caso o cruceiro foi cambiado de sitio debido a Construción da nova estrada que
vai de Padrón a Noia por Lousame. Nese desprazamento é mais que problable que as
pedras que compoñen o cruceiro fosen trocadas de lugar. Por iso o desciframento das
inscricións son moi dificiles case é un rompecabezas. Desta inscricións o profesor
Clodio Gonzalez interpreta a data como do ano 1550, pola rusticidade do cruceiro, a
forma de traballar o cristo e o pouco que podemos descifrar da inscrición a data
pareceme a mais acertada
Cruceiro Soñora
Lugar: Soñora
Tipo: C
Historia:
Foi construido por devoción dos veciños no 1601, durante a parcelaría no
1987 procedeuse a súa limpeza, froito desta é a actual placa marmorea que tapa a
inscrición orixinal. Ademais procedeuse a vallar a zona onde se ubica o cruceiro.
Este cruceiro segue a ter moita devoción e marca o inicio do camiño sacramental cara
a igrexa parroquial
Casa do Campo
Lugar: Vilachán
Denominación: Casa do Campo
Tipo: C
Historia:
No varal posúe outra serie de inscrición que nos falarian da súa orixe
que diría: "Este crusero mandó hazer Jacinta Rodrígues Vertevalles y Lorenso Presa
Teira vesiños de San Visenso de Augas Santas"
Cruz da Cortiña da Horta localizado nun muro de propiedade dos martelos.
Lugar: Verduga
Denominación: Cruz da Cortiña da Horta localizado nun muro de propiedade dos
martelos.
Tipo: F
Historia:
Non se sabe porque se puxo ali , está enriba dun muro de cerre dunha leira, por alí
pasa un camiño que vai da aldea cara o monte.