Ruta das Penicias

De corazón frondoso, paraxes inéditas, e abundantes penedos... nace a ruta das Penicias. Trátase dunha ruta circular de pouca dificultade con inicio e final na igrexa de Rois.Esta ruta ten unha lonxitude de 8´5 km aproximadamente, pero con opción de poder facer a metade discurridos 2 km da ruta. O percorrido discorre polas parroquias de Rois e Buxán, concretamente polas aldeas de Rois, Infesta, A Casa do Porto e Buxán e, a través desta ruta, poderás coñecer diferentes aspectos histórico-artísticos, paisaxísticos e naturais que ofrecen estos lares. A ruta atópase sinalizada con pintura de cor amarela e frechas de madeira desde o punto de inicio ata o de chegada, polo que resulta difícil perderse.

Descrición da ruta

A ruta comeza na Igrexa de San Mamede de Rois e adentrase no seu bosque sendo o rio o que nos sirva de guía durante todo o percorrido. Logo de subir aproxidamente 2 km polo monte, chegaremos a un camiño de terra máis ancho que nos dá a elixir entre dúas opcións: 1. Coller á man esquerda e seguir a ruta longa ou... 2. Atallar a ruta cruzando unha ponte á man dereita.


Opción 1: Levarános ata a aldea da Casa do Porto. Nesta aldea poderemos atopar un conxunto de hórreos situados nunha eira e tamén un cruceiro, edificacións típicas da entidade rural galega. O último tramo, quizais o de maior encanto de toda a ruta, xa que posúe diversos desniveis, pasarelas de madeira e cordas que percorren e cruzan o río coa fin de volver a levarnos ó regato dos muíños.

Opción 2: Esta opción da ruta sempre será unha moi boa opción si se desexa andar menos e ir en busca da tranquilidade que nos ofrece este monte sombrío, escoitando tan só o rumor das augas e das aves propias do lar. O punto final desta ruta correspóndese tamén co inicio da mesma, a igrexa de San Mamede de Rois.