Cruceiro do cemiterio de Ermedelo
Lugar: Cementerio Parroquial
Denominación: Cruceiro do cemiterio de Ermedelo
Tipo: B
Historia:
Este cruceiro foi mandado facer pola casa dos Sanchez Lago, que posteriormente
deron permiso para pasalo ó cemiterio. Antigamente estaba situado no campo da festa
que está ó caron da igrexa, estaba enriba dunha fonte onde hoxe ainda se conserva o
pedestal orixinal do cruceiro e non posuia plataforma.
Foi cambiado de lugar no ano 1990, froito deste traslado o Cristo dalle as costas á
igrexa, cando na anterior ubicación miraba para a mesma.
O cruceiro estaría datado nas primeiras décadas do século XX.